Arriba e abaixo (en ) é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a primeira guerra mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.
Desenvolvemento A serie reflicte a vida dos criados, que viven no andar de abaixo e dos señores - os Bellamy- que viven no andar de arriba durante o comezo do século XX, na serie aparecen os grandes eventos da época, como o afundimento do Titanic ou o crack do 29, pero tamén amosa o cambio gradual na vida cotiá, pretendendo ser un documento dos cambios sociais e tecnolóxicos que aconteceron entre 1903 e 1930. Recibiu un premio Emmy e un Globo de Ouro. En agosto de 2010 a BBC comezou a gravar un remake da serie en GalesRemake of Upstairs Downstairs filming in Wales Wales Online 2010-08-13, retrieved 2010-08-23.
Notas
Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1971 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1975 Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1900 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1910 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1920