O castelo de Otranto,Publicado en galego por Urco editora. no orixinal en lingua inglesa The Castle of OtrantoO título completo da primera edición de 1764 The Castle of Otranto, A Story. Translated by William Marshal, Gent. From the Original Italian of Onuphrio Muralto, Canon of the Church of St. Nicholas at Otranto. é unha novela escrita por Horace Walpole en 1764. Está considerado o texto inaugural da chamada literatura gótica, un xénero literario que chegou a ser extremadamente popular contra finais do século XVIII e comezos do XIX.

Historia e características Da primeira edición de The Castle of Otranto ocupouse Strawberry Hills Press, casa editorial que tamén fixo unha segunda tiraxe na que lle foi engadido o subtítulo A Gothic Story, en 1765. A novena edición foi en 1976, en Londres, por Cooper & Graham.

Foi traducido a outras linguas, primeiramente a francés, alemán e italiano. En 1797, ano da morte do autor, apareceu en Francia unha tradución anónima e non autorizada baixo o título Isabelle et Theodore.

A súa obra completa publicouse en 1798 como The Works of Horatio Walpole, Earl of Orford, e correu a cargo de Mary Berry. Considérase aquela a versión definitiva de The Castle of Otranto.

Argumento miniatura|dereita|Walpole, autor da obra. A trama sucede no castelo, que é o principal protagonista. O lector é informado inicialmente de que o lexítimo propietario fora asasinado nas cruzadas, o que motivou que usurpase o seu lugar Manfred, mais o castelo ten unha maldición. O fillo de Manfred casa cunha moza, pero logo morre e a partir de aí, os acontecementos vanse encerellando.

En contraposición coa novela histórica que logo se popularizaría a través de autores como Walter Scott, os sucesos non serven como escusa para expor un período histórico senón que é este o que se subxuga aos acontecementos creando unha atmosfera adecuada.

A historia está sustentada nun personaxes arquetípicos e o estilo narrativo non achega nada novo con respecto a outras obras da época, como por exemplo The Castle spectre (1797) ou The Mysterious Marriage (1798), de Matthew Gregory Lewis e de Harriet Lee, respectivamente.

Véxase tamén Ligazóns externas The Castle of Otranto, texto orixinal no Proxecto Gutenberg.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1764 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego