miniatura|dereita|Estatua de Cristovo Colón en Pontevedra. Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.

Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.

O seu antropónimo (coñecido pola latinización Columbus ou adaptado ás diferentes linguas) é unha icona mundial que inspirou innumerables denominacións, como a dun país: Colombia, e dúas rexións de Norteamérica: a Columbia Británica, no Canadá, e o Distrito de Columbia, nos Estados Unidos.

Perfil histórico Cristovo Colón é, no século XXI, un personaxe histórico controvertido. Aínda que os historiadores académicos cren que Colón foi xenovés, arredor da súa figura existen diferentes teorías, referidas tanto na súa orixe xeográfica (catalán, balear, galego, portugués...) como á súa liñaxe (humilde ou nobre) e a súa relixión (cristián, xudeu), ou ás súas habilidades, posto que, mentres que algunhas teorías reforzan a imaxe dunha persoa habilidosa, pero pouco dotada para o mando e a navegación, outros nolo mostran con grandes dotes neste sentido. Igualmente controvertido é todo o que rodea o descubrimento de América e como aconteceu que Colón chegase ao convencemento de que era posible encontrar unha ruta cara á India navegando en dirección a oeste.

As contradicións entre algunhas fontes coetáneas, incluíndo o mesmo Colón, así coma os posteriores intereses nacionais e relixiosos para atribuírse a «paternidade» de Colón propiciaron que a personaxe presente toda unha serie de clarescuros sobre os cales non hai un consenso claro na comunidade histórica actual.

Con todo, hai un feito claramente indiscutíbel: Colón afirmaba que se podía chegar ao Extremo Oriente (a India) dende Europa viaxando cara ao oeste, e que era factíbel realizar a viaxe por mar con posibilidades de éxito; dedicou os mellores anos da súa vida a confirmar este pensamento e logrou o éxito inesperado o 12 de outubro de 1492: o descubrimento do Novo Mundo aos ollos da vella Europa.

Malia que é probábel que Colón non fose o primeiro europeo en pisar as costas americanas -á súa época gozou de moita chamada, amais, a tradición dun posíbel predescubridor, que segundo as fontes sería máis ou menos críbel- Colón non soamente chegou ao Novo Mundo, senón que volveu a Europa, realizou un total de catro viaxes e deu inicio a un réxime de viaxes periódicas seguras dende Europa até América. A partir das viaxes de Colón, sucedérono outros exploradores e conquistadores e establecéronse vínculos permanentes co novo continente. miniatura|Colón no anverso dunha moeda estadounidense conmemorativa do IV centenario do Descubrimento de América. Ceca: US Mint. Gravador: Charles E. Barber. No contexto histórico da época, o tránsito de mercadorías entre o oriente e Europa realizábase pola ruta que ía de Asia até Europa atravesando a Asia Menor, pero a partir da presa de Constantinopla polos turcos, no 1453, esta vía fíxose difícil e quedou monopolizada polos otománs e os seus aliados, os mercadores xenoveses. As nacións máis occidentais de Europa -Portugal, Castela e Aragón-, necesitadas dos bens orientais, querían adquirir estas mercadorías sen medianeiros.

Portugal foi quen tomou a iniciativa, grazas, principalmente, ao feito que a conquista do seu territorio aos musulmáns finalizara no século XIII; os portugueses, así, lanzáranse a navegar para ampliar os seus dominios e mirar de descubrir novas rutas comerciais. No ano 1488, mediante o mariñeiro Bartolomeu Dias, chegaran á cabeza de Boa Esperanza: atoparan, pois, unha nova ruta cara ao oriente e deste modo podían crear á vez un novo monopolio, que competiría con Xénova. As coroas castelá e aragonesa, unidas dinasticamente mediante os Reis Católicos, cando xa se encontraban ás fins da Reconquista -coa presa de Granada- interesáronse pola investigación dunha nova ruta.

Colón sostiña que navegando polo oeste o camiño era moito máis curto, de forma que proxectou a súa viaxe como unha oportunidade de abrir unha nova ruta comercial alternativa ás xa existentes -a terrestre, monopolizada por Xénova e os otománs, e a marítima, recentemente descuberta polos portugueses-, para a cal recolleu finalmente o padroado dos Reis Católicos.

Expedicións dereita|miniatura|Réplicas da Pinta, a Niña e a Santa María no porto de Palos de la Frontera. Parte para a súa primeira viaxe en 1492, con dúas carabelas (a Pinta e a Niña) e unha nao (a Santa María) do porto de Palos de la Frontera. A nao Santa María foi construída en Galicia e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristóbal García Sarmiento, por este motivo quizais sexa o porto elixido para regresar.

A expedición toca a illa de Gran Canaria e pon rumbo ao suroeste; tres meses despois chega a un illote das Bahamas ao que deu o nome de San Salvador. Continua navegando e costeou Cuba, para despois chegar ao Haití á lle que deu o nome de Hispaniola. Convencido de que chegara á India, deixa alá unha pequena colonia e regresa á Europa o 1º de marzo de 1493, tocando en primeiro lugar o porto de Baiona a carabela Pinta coa seguinte tripulación: Martín Alonso Pinzón, Capitán; Francisco Martín Pinzón, Mestre; Cristóbal García Sarmiento, Piloto; Juan Quintero de Algruta, Contramestre; García Hernández, Despenseiro; Juan Reynal, Alguacil; Maestre Diego, Cirurxián; Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), Cristóbal Quintero, Gómez Rascón, Diego Martín Pinzón, Francisco García Vallejo, Juan Verde de Triana, Antón Calabrés, Álvaro Pérez, Gil Pérez, Sancho de Rama e Juan Veçano, mariñeiros; Pedro de Arcos, Fernando Medel, Francisco Medel, Alonso de Palos, Juan Quadrado, Pedro Tegero, Juan Arias e Bernal, grumetes.

miniatura|esquerda| A súa segunda viaxe iniciouse en 1493, con tres naos e 14 carabelas, avista as Antillas e aborda a Martinica. Pon rumbo despois ao norte e chega a Porto Rico. Vai a Hispaniola onde a pequena colonia fora morta polos indíxenas, deixa outro continxente de homes e, virando para Occidente, chega á Xamaica.

Na terceira viaxe, parte en 1498, con seis naos, e chega a Trindade despois dunha atribulada viaxe. Volteando ao sur chega a unha gran terra que pensou que era unha illa e chamoulle Gracia. Rumbo ao norte chega a Santo Domingo, cidade formada por Fr. Bartolomeu. Entra en conflito co gobernador e el e mailo irmán son presos e enviados para España.

Na cuarta viaxe, sae de Cádiz con catro naos en 1502, propóndose chegar ao Oriente. Avista a Xamaica e, despois dunha gran tempestade, chega á Illa de Pinos (Honduras). Avistou despois as costas da Nicaragua, Costa Rica e Panamá. Debido ao pésimo estado das naos ten que regresar a Hispaniola, de onde volta a España.

Cristovo Colón morreu en Valladolid, en 1506.

Relacións cos indíxenas Seguindo os costumes vixentes naquela época, as relacións de Colón con outros pobos e terras rexíanse polas posibilidades de conquistalas para o reino ao que representaba.

Pensando que se atopaba nas terras do Gran Khan, intentaron tomar posicións militares defensivas e establecer contacto con algún rei, pero non atoparon nada parecido e comprobaron pouco a pouco que posuían unha gran superioridade armamentística sobre os indíxenas e que estes descoñecían as palabras "Gran Khan". Atribuíron ese descoñecemento a un baixo nivel cultural dos indíxenas e asumiron a facilidade de conquista do novo territorio.

O goberno dos irmáns Colón na Española non cumpriu coas expectativas dos reis españois. Non só se enfrontaron aos españois da illa, senón que, ao non conseguiren as riquezas que pensaran, agrediron os indíxenas e venderon algúns como escravos, desobedecendo así as ordes expresas de Isabel a Católica, que deixara clara a súa vontade de que se tratase os indíxenas como súbditos de Castela. Por este motivo, o primeiro Vicerrei, Almirante e Gobernador de América foi arrestado e enviado con cadeas ante a raíña polo gobernador Francisco de Bobadilla."Cristóbal Colón" , entrada na Enciclopedia Católica . O comportamento de Colón non correspondía co que España propoñía nas súas leis,Tamén para o profesor da Universidade de Salamanca, Francisco de Vitoria, un dos principios fundamentais recoñecidos n a Carta Constitucional dos Indios, como teoloxía alternativa, era o dereitos destes a ser homes e ser tratados como seres libres (véxase Derechos y Deberes entre Indios y Españoles en el nuevo mundo según Francisco de Vitoria. Salamanca, Universidade Pontificia de Salamanca, 1992: p. 10. aínda que a distancia, entre outros motivos, propiciaron condutas similares ás de Colón cos indíxenas, as cales denunciou Frei Bartolomé de las Casas.

Hipóteses sobre a orixe Hipótese xenovesa miniatura|Monumento a Cristovo Colón en Barcelona. Vista nocturna. O consenso entre os expertos sobre a orixe de Cristovo Colón é que naceu na República de Xénova.Phillips, William D., and Carla Rahn Phillips. The Worlds of Christopher Columbus. Cambridge: Cambridge University Press, 1992. Page 9.«Even with less than a complete record, however, scholars can state with assurance that Columbus was born in the republic of Genoa in northern Italy, although perhaps not in the city itself, and that his family made a living in the wool business as weavers and merchants ... The two main early biographies of Columbus have been taken as literal truth by hundreds of writers, in large part because they were written by individual closely connected to Columbus or his writings. ... Both biographies have serious shortcomings as evidence». As teorías alternativas sobre a súa orixe foron polo xeral rexeitadas polos principais expertos.Davidson & Phillips Jr

Estas teorías secundarias afirman que a orixe de Cristovo Colón é un enigma sobre o que non existe unanimidade entre historiadores e investigadores, entre outras razóns pola confusión e perda de documentación referente ás súas orixes e ascendencia. Ademais o seu propio fillo, Hernando Colón, na súa Historia do almirante Don Cristovo Colón escureceu aínda máis o seu lugar de nacemento afirmando que o seu proxenitor non quería que se coñecesen a súa orixe e patria.COLÓN, Hernando. Capítulo I, págs. 4-5. DÍAZ-TRECHUELO, María Lourdes. pág. 25. Por esta, entre outras razóns, xurdiron múltiples teorías sobre o lugar de nacemento de Colón. Aínda que existe un testamento onde Hernando Colón asevera que o seu pai era xenovés: «fillo de Cristovo Colón, xenovés, primeiro almirante que descubriu as Indias».Cristobal Colón pag.30