Antonio Martín Puentes Rivera, coñecido como "Max", nado en Vigo o 20 de marzo de 1974, é director, supervisor de animación e animador 3D. En 2010 estaba á fronte do departamento de animación de Bren Entertainment, estudo de animación pertencente ao grupo Filmax, unha das factorias de animación máis importantes e recoñecidas tanto dentro como fóra do Estado español. Recibiu o premio Goya ou Premio Anual da Academia a mellor película de animación en catro ocasións.
Dende 1991 é tamén guitarrista da banda Skacha, unha banda de punk-rock viguesa.
Obra Pérez 2, el ratoncito de tus sueños. (2008). Codirector de Animación 3D. Donkey Xote. (2007). Animador 3D. Nocturna. (2007). Animador 3D. Pérez, el ratoncito de tus sueños. (2006). Animador 3D. Gisaku. (2005). Animador 3D. Pinocho 3000. (2004). Animador 3D. El Cid, La Leyenda. (2003). Animador 3D.
Véxase tamén Ligazóns externas Myspace de Skacha
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes