Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense (Uniprex).

Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 a 2013 traballou na delegación dese medio en Cangas de Morrazo. Foi conferenciante e articulista en medios como Diario de Pontevedra, con diversas reportaxes na revista Luzes. Impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.

Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas. Foi pregoeira das Festas da Virxe do Carme de Marín 2015 e da Feira do Libro de Verín 2018.

Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010 (11ª edición en 2019); logo Dragal II. A metamorfose do dragón (4ª ed. en 2019); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), 2ª ed. en 2019. En 2015 comezou unha nova triloxía con Dragal IV. A estirpe do dragón e Dragal V. O segredo do dragón (2019).

O Proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia con base na triloxía literaria Dragal. A produtora galega Ficción Producciones apostou por desenvolver un ambicioso proxecto que inclúe a acomodación da saga literaria a formatos cunha clara vertente tecnolóxica: adaptación ao cinema, creación de videoxogos para varias plataformas ou montaxe dun cómic. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da coordinación central dos equipos de dinamización da lingua galega, sumouse no curso académico 2013-2014 ao Proxecto Dragal, con máis de 532 alumnos de ESO e 40 profesores de 7 centros de ensino secundario de Galicia. Na segunda edición do Proxecto Dragal, no curso 2014-2015, a experiencia ampliouse a 11 centros das catro provincias galegas con 659 alumnos e 55 profesores. No curso 2015-2016 Dragal chegou a 260 alumnos e alumnas da ESO, de 6 centros educativos con 20 docentes directamente implicados. No curso 2016-2017 o Dragal chegou a 327 alumnas e alumnos da ESO de 6 centros educativos.

En 2014 publicou a novela policial Sete caveiras, que no 2019 xa ía pola 6ª edición. Con O Xogo de Babel (2017) explora outro xénero da literatura para adultos.

Obra literaria miniatura|Manuel Bragado, Elena Gallego e Julio Casal, o 20 de marzo de 2013 na presentación multimedia de Dragal. Literatura infanto-xuvenil Dragal I. A herdanza do dragón (2010). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9914-134-3. ePub: ISBN 978-84-9914-547-1. Traducido ao catalán en 2014 como Dragal I. L'herència del Drac en Pagès Editors (228 páxs., ISBN 978-84-9975-514-4); Traducido ao inglés tamén en 2014 como Dragal I: The Dragon's Inheritance, por Jonathan Dunne, en Small Stations (216 páxs. ISBN 978-954-384-031-1) Traducido ao castelán en 2015 como Dragal I: La herencia del dragón, en Anaya (tradución da autora, 232 páxs., ISBN 978-84-678-7096-1). Dragal II. A metamorfose do dragón (2011). Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9914-221-0. ePub: ISBN 978-84-9914-658-4. Traducido ao catalán en 2015 como Dragal II. La metamorfosi del drac en Pagès Editors (314 páxs., ISBN 978-84-9975-573-1. Traducido ao inglés en 2015 como Dragal II: The Dragon´s Metamorphosis, en Small Stations, 280 páxs. ISBN 978-954-384-042-7. Traducido pola autora ao castelán como Dragal II: La metamorfosis del dragón (2015), Anaya (288 páxs. ISBN 978-84-678-7168-5). Dragal III. A fraternidade do dragón (2012). Xerais. 320 páxs., ISBN 978-84-9914-270-8. ePub: ISBN 978-84-9914-659-1. Traducido pola autora ao castelán como Dragal III: La fraternidad de dragón (2016), Anaya (288 paxs., ISBN 978-84-698-0894-8 ). Traducido ao inglés en 2017 como Dragal III: The Dragon’s Fraternity, por Jonathan Dunne, en Small Stations. Dragal IV. A estirpe do dragón (2015). Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9914-837-3. ePub: ISBN 978-84-9914-843-4. Traducido ao inglés en 2019 como Dragal IV: The Dragon's Lineage, por Jonathan Dunne, en Small Stations. 272 páxs. ISBN 978-9543841004. Dragal V. O segredo do dragón (2019). Xerais. 400 páxs. ISBN 978-84-9121-540-0. O libro de Borboligón (2025). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Chus Rojo. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-714-3. ePub: ISBN 978-84-1110-721-1.

Narrativa Sete Caveiras (2014). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9914-569-3. EPub: ISBN 978-84-9914-637-9. O xogo de Babel (2017). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-185-3. ePub: ISBN 978-84-9121-215-7.

El legado de la niña de la sal (2023). La esfera de los libros. 488 páxs. ISBN 9788413845760. En castelán. O legado da nena do sal (2023). Vigo: Xerais. 640 páxs. ISBN 978-84-1110-486-9. miniatura|Presentación de Ata que a morte nos separe con Xavier Fortes na Libraría Paz de Pontevedra o 06/06/2025Ata que a morte nos separe (2025). Vigo: Xerais. 376 páxs. ISBN 978-84-1110-633-7. ePub: ISBN 978-84-1110-641-2.

Libros colectivos

O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.

Audiovisual

Furancho, bota viño! (2025). Guión, axudante de dirección e produción executiva.

Premios Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 1998, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón. Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal. En 2017 gañou o II premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas (Vigo) coa obra A Promesa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web da serie de obras Dragal

Vídeoclip Dragal V en YouTube Booktrailer Dragal USA 2019

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Nados en Teruel

Categoría:Nados en 1969