Ampuero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita cos municipios de Limpias, Liendo, Voto, Guriezo e Rasines.
A súa localización no centro da comarca de Asón-Agüera estableceuna de cabeceira comarcal, posuíndo importantes servizos e un polígono industrial nas súas proximidades. Este municipio ten varios atractivos como son a pesca de troita e salmón e a respectiva gastronomía, como tamén a festa da Virxe Nena, declarada de interese turístico rexional cos populares encerros taurinos. Ten unha superficie de 32,3 km², e está a unha distancia de 55 quilómetros de Santander, a capital cántabra.
Localidades
Ahedo. Alisas. Ampuero (Capital). miniatura|Casa consistorial de Ampuero. La Aparecida. La Bárcena. Bernales. Bulco. El Camino. Cerbiago. Coterillo. Las Entradas. Las Garmillas. miniatura|300px|Vista aérea de Ampuero. Hoz de Marrón. Marrón. El Perujo. Pieragullano. Rascón. Regada. Rocillo. Santisteban. Solamaza. Tabernilla. Udalla. Vear de Udalla.
Núcleo de poboación
Ampuero é á súa vez a capital do municipio. Localízase a 11 metros sobre o nivel do mar. No 2006 contaba cunha poboación de 1.946 habitantes (INE).
Da capital destaca a igrexa de Santa María (século XVI-XVII), que foi declarada Ben de Interese Local no 2002.
Atópase nas beiras do río Ason.
Demografía
Economía
O 7,7 % da poboación de Ampuero emprégase no sector primario, o 16,6 % na construción, o 31,7 % na industria e o 44 % no sector servizos.
Patrimonio Neste municipio destacan os seguintes bens de interese cultural: A igrexa parroquial de Santa Mariña, en Udalla, con categoría de Monumento. Trátase dunha igrexa gótica dos séculos XIV e XV con dúas ábsidas semicirculares e dúas naves paralelas. A casona de Espina coa torre e a portalada, con categoría de Monumento. Está no barrio La Bárcena, de planta cadrada. O Santuario da Ben Aparecida, en Hoz de Marrón, con categoría de conxunto histórico, segundo declaración do ano 1983. Atópase nun monte e é a patroa da comunidade autónoma de Cantabria.
Ademais, hai un ben de interese local, que é a igrexa parroquial de Santa María, e dous bens inventariados: a ferrería preindustrial ou ferrería xunto ao río Vallino e o muíño-ferrería en Entrambosríos.
Por último, pode sinalarse a típica arquitectura popular serrana con casas con balconadas e miradoiros e rúas estreitas.
Administración
María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE) é a actual alcaldesa do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PSOE 1095 42,39 % 5 PP 933 36,12 % 5 IU 185 7,16 % 1 Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PSOE 891 33,93 % 4 PP 809 30,81 % 4 PRC 474 18,05 % 2 IDA 260 9,90 % 1 Alcaldesa electa: María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE).
Festas
Durante a última noite do mes de febreiro, celébranse As Marzas. Esta festa conmemora a chegada da primavera. 29 de xuño, San Pedro (Hoz de Marrón). 18 de xullo, Santa Mariña (Udalla). 25 de xullo, Santiago (La Bárcena). 26 de xullo, Santa Ana (Marrón). 1 de agosto, San Pedruco (Rascón). 7 de agosto, San Mamés (Cerbiago). 16 de agosto, San Roque (Udalla). 22 de agosto, Virxe do Mar (Marrón). 8 de setembro, A Virxe Nena: Popular festa do municipio pola realización dos seus encerros de touros. A cerimonia celébrase na capital municipal Ampuero, e foi declarada Festa de Interese Turístico Rexional en 1993. 13 de decembro, Santa Lucía (Bernales).
Cidades irmandadas Eauze, Francia
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos de Cantabria