Eduard Lamas Alsina, nado en Súria o 16 de decembro de 1990, é un xogador de hóckey a patíns galego que xoga de defensa e medio no Liceo coruñés. Gañou 22 títulos a nivel nacional, entre eles tres Ligas de Campións e un Campionato do Mundo coa selección española, e é o único xogador campión de liga cos dous maiores clubs de España (FC Barcelona, Liceo) e os dous maiores de Portugal (Benfica e Porto).
Traxectoria Naceu en Súria, sendo fillo dunha catalá e dun galego, o adestrador de hóckey a patíns e político Eduardo Lamas, natural da Coruña. Criouse na cidade galega e, seguindo os pasos de seu irmán Josep, comezou a práctica do hóckey a patíns na canteira do Liceo. Pasou por todas as categorías inferiores do club, gañando dous campionatos de España en categoría júnior.
Na tempada 2008/09 pasou a formar parte do Club Patín Cerceda, filial do Liceo, que daquela militaba na Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns español. Ás ordes de Juan Copa, conseguiu o ascenso á OK Liga. Na campaña 2009/10 continuou na entidade cercedense na máxima categoría do hóckey a patíns, aínda que finalmente o club galego descendería ao final da campaña.
Na tempada seguinte pasou a xogar no primeiro equipo do Liceo, compartindo vestiario co seu irmán Josep. Co club coruñés gañou dúas Copas de Europa, unha Copa Continental, unha Copa Intercontinental e o título de liga na tempada 2012/13.
En 2015 fichou polo FC Barcelona, onde xogou dúas tempadas, gañando dúas ligas, dúas Copas do Rei e unha Supercopa de España.
Regresou ao Liceo na tempada 2017/18 e esa mesma campaña gañou a Supercopa de España. Ao remate da tempada 2018/19 fichou polo Benfica portugués.
Co conxunto lisboeta pasou dous anos sen gañar títulos, ata que nas súas dúas últimas campañas gañou unha liga portuguesa, unha Copa 1947 e unha Supercopa de Portugal.
En 2023 fichou polo Porto, co que gañou dúas ligas nas súas dúas primeiras tempadas, así como a Copa de Portugal 2023/24. En maio de 2026 conquistou a súa terceira Copa de Europa, tres derrotar na final ao FC Barcelona.
En xullo de 2026 anunciouse o seu regreso ao Liceo.
Selección española Gañou tamén os maiores títulos a nivel de selección, formando parte da selección española que gañou a Copa Latina en 2012, o Campionato do Mundo en 2017 e o Campionato de Europa en 2018. Anteriormente xogara nas categorías inferiores da selección, coa que se proclamou campión de Europa xuvenil no 2007 e júnior no 2008, campión do mundo sub 20 en 2007 e 2009 e campión da Copa Latina Sub 23 no ano 2010.
Vida persoal É fillo do que fora presidente do HC LIceo, Eduardo Lamas, e irmán máis novo de Josep Lamas, histórico xogador do Liceo. Tamén é irmán da actriz Iria Lamas.
Equipos Categorías inferiores do H.C. Liceo: ata 2009 CP Cerceda: 2009-2010 Liceo: 2010-2015 Barcelona: 2015-2017 Liceo: 2017-2019 Benfica: 2019-2023 Porto: 2023-2026 Liceo: 2026-
Palmarés Liceo Copa de Europa (2): 2010/11, 2011/12. Copa Continental (1): 2012. Copa Intercontinental (1): 2012. OK Liga (1): 2012/13. Supercopa de España (1): 2018.
FC Barcelona OK Liga (2): 2015/16, 2016/17. Copa do Rei (2): 2016, 2017. Supercopa de España (1): 2015.
Benfica Primeira División (1): 2022/23. Supercopa de Portugal (1): 2022. Copa 1947 (1): 2020/21.
Porto Liga de Campións (1): 2025/26. Copa Continental (1): 2023. Primeira División (2): 2023/24, 2024/25. Copa de Portugal (1): 2023/24.
Selección española Campionato do Mundo (1): 2017. Campionato de Europa (1): 2018. Copa Intercontinental (1): 2012.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do xogador no sitio oficial do Liceo
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xogadores do FC Barcelona (hóckey a patíns)