María Teresa Casal García, nada en Pontevedra en 1948 é unha política galega do PSdeG. É licenciada en Dereito e secretaria do centro da UNED en Pontevedra.
Traxectoria miniatura|Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra de MA.PO. Chegou ao PSdeG como independente desde posicións galeguistas. Presentouse como cabeza de lista co PSdeG nas eleccións municipais de 2003. Tras acadar un pacto co BNG, Miguel Anxo Fernández Lores foi reelixido alcalde e Teresa Casal foi nomeada primeira tenenta de alcalde e concelleira de Promoción Económica. Tralas eleccións de 2007 foi reelixida tenenta de alcalde. En setembro de 2010 anunciou que non se ía presentar ás eleccións de 2011"Teresa Casal se retira de la vida municipal de Pontevedra" , artigo en Xornal de Galicia, 11 de setembro de 2010 .. En novembro dese mesmo ano anunciou a súa retirada da política ao serlle diagnosticado un cancro de mama"A tenente de alcalde de Pontevedra deixa o posto tras detectárselle un cancro de mama" , artigo en Xornal de Galicia, 30 de novembro de 2010..
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1948 Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos de En Marea