Os Micro Audio Waves son un grupo musical portugués de música electrónica.
Traxectoria
Orixinalmente un dúo formado por Flak (guitarrista dos Radio Macau) e C. Morgado (instrumentos electrónicos) o grupo apareceu en 2000, e comezou por desenvolver composicións cunha orientación minimalista e experimental. Ese primeiro estilo pode ser ouvido no seu primeiro álbum Micro Audio Waves, lanzado en 2002.
3º Elemento Coa entrada de Claudia Efe (voz) como membro efectivo do grupo, o proxecto asume unha nova dirección. A electrónica máis purista foi substituída por cancións electro-acústicas de estrutura máis clásica, sen traizoar a compoñente experimental. O álbum "No Waves", lanzado en 2004, foi considerado como un dos máis excitantes álbums do ano por John Peel da BBC Radio One, e gañou o Qwartz Electronic Music Awards en París (mellor álbum e mellor videoclip).
O logro principal foi a canción "Fully Connected", na cal as instrucións de montaxe dun aparello de estudo (lixeiramente alteradas, por exemplo "until the cable is fully connected" pasou a "until the body is fully connected") son cantadas dunha maneira moi sexy por Claudia Efe. O mesmo tipo de letra aparece na canción "sold out" (instrucións dun procesador de son).
Outro álbum, Odd Size Baggage foi posto á venda en abril de 2007. Dúas cancións, "down by flow" e "odd size baggage" xa foran presentadas. A canción "odd size baggage" mantén a tradición de letras baseadas en folletos de instrucións, neste caso as dun servizo de protección anti-roubo, StopTrack.
Zoetrope En 2009, os Micro Audio Waves xúntanse ao coreógrafo Rui HortaDisco Dixital Micro Audio Waves traballan con Rui Horta para crearen "Zoetrope", un espectáculo multimedia so a forma de concerto encenado, híbrido entre a música, o vídeo, o movemento e a poesía. Tras estrea mundial en Moscova, "Zoetrope" ten percorrido varios escenarios nacionais e internacionais. Unha edición en DVD está prevista para outubro de 2009Blitz.pt.
Discografía Álbums Micro Audio Waves (2002) No Waves (2004) Odd Size Baggage (2007) DVD Zoetrope (2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Micro Audio Waves no Myspace Sitio web Oficial Last.Fm Biografía na Last.fm Magic Music Down by Flow Fully Connected 2night
Categoría:Grupos musicais de Portugal