O lantano é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é La e o seu número atómico é 57.

Historia Foi descuberto polo químico sueco Carl Gustaf Mosander no ano 1839. O seu nome débese á verba grega lanthaneîn (λανθανεῖν) que significa "agochado", xa que o atopábase "agochado" nun mineral de cerio. Concretamente, Mosander descubriu o lantano no nitrato de cerio impuro.

Aplicacións Aliado có cerio, neodimio, praseodimio, gadolinio e iterbio forma a aliaxe chamada mischmetal, empregada para fabricar pedras para chisqueiros. O óxido de lantano confire ao vidro resistencia ás bases i emprégase para a fabricación de vidros ópticos especiais, ademais de para fabricar crisois. É unha das compoñentes das pantallas intensificadoras de unidades de raios X. O carbonato de lantano emprégase no tratamento da insuficiencia renal crónica pola súa capacidade de formar complexos insolubles con fosfatos, reducindo así a hiperfosfemia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas externas Quimicaweb.net - Lantano WebElements.com - Lantano EnvironmentalChemistry.com - Lantano

Categoría:Lantano Categoría:Lantánidos