Peter Alexander Stringer, nado en Cork o 13 de decembro de 1977, é un xogador de rugby irlandés que xoga de medio de melé no Munster e con Irlanda. É un dos xogadores de rugby máis recoñecidos a pesar de medir tan só 1,70 m de estatura e pesar en torno aos 70 kg .
Traxectoria Peter Stringer forma parte do Munster Rugby dende 1998. En febreiro do 2000 debutou coa selección irlandesa fronte a Escocia na edición do ano 2000 do Torneo das Seis Nacións.
En rebreiro do 2006 anotou o ensaio definitivoIreland 31-5 Wales, BBC Sport para Irlanda fronte a Gales na vitoria irlandesa por 31-5 fronte ao XV galés no Torneo das Seis Nacións 2006. Tamén xogou un papel fundamental na Heineken Cup conquistada polo Munster na tempada Copa de Europa de rugby 2005-2006, cando anotou o ensaio da vitoria e foi nomeado Man of the Match na final disputada fronte ao Biarritz que finalizou co resultado de 19-23 no Millennium Stadium de Cardiff (Gales) e tamén nesta mesma competición, na tempada 2007-08.Heineken Cup final, BBC Sport
Na fase de grupos da Heineken Cup 2007-08 dirixiu 33 fases do Munster ante o Llanelli Scarlets durante máis de 5 minutos ata o final do partido que gañarían os irlandeses en Llanelli (Gales) por 16-29.Munster Rugby 33 phases, Youtube.com
EquiposTempadasTítulosMunster Rugby 1998 - 2 Heineken Cup (2005-06 e 2007-08), 1 Magners League (2002-03)XV do Trevo 2000 - 1 Torneo das Seis Nacións (2009)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de Irlanda
Ligazóns externas Ficha no sitio do Munster Rugby Ficha no Sitio da IRFU Ficha en itsrugby.co.uk Ensaio do Munster en youtube.com Tap Tackle en youtube.com
Stringer Categoría:Nados en Cork Categoría:Nados en 1977