Gabriel Portal Antón, nado en Ferrol o 23 de xuño de 1933 e finado en Madrid o 17 de abril de 2019,Fallece en Madrid el almirante ferrolano Gabriel Portal Antón foi un militar galego, almirante da Armada Española.

Traxectoria Era fillo de Ceferino Portal Villaamil, comandante de submarino morto en Maó durante os primeiros días da Guerra Civil española.<ref>Los sumergibles B-1 y B-2 , Vida marítima, 9/11/2010</ref> Comezou a estudar no colexio Tirso de Molina, pero logo da morte do pai trasladouse a vivir a Maó cun tío seu, onde proseguiu os estudos de escola. Tras o colexio decidiuse a estudar para a Mariña, primeiro en Madrid e entre 1953 e 1958 en Marín, onde se titulou como alférez de navío. Despois de facer a viaxe de instrución no Juan Sebastián Elcano recibiu o seu primeiro destino en Ferrol, no Canarias.

Despois de estar destinado durante dous anos na fragata Legazpi, trasladouse a Vigo para estudar enxeñería de telecomunicacións. Despois de licenciarse regresou a Ferrol, onde estivo na fragata Vulcano e posteriormente, xa como capitán, no dragaminas Miño. En 1968 trasladouse a Chicago para ampliar a súa información en enxeñería, e á súa volta en 1968 incorporouse como profesor na Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, en Vigo, onde estivo ata 1972.

Nese ano trasladouse a Madrid para facer o curso de estado maior, e logo de dous anos de destino en Ferrol regresou a Madrid para ocuparse da xefatura da estación de comunicacións de Santorcaz, onde permaneceu entre 1976 e 1979. Nese ano destínano como mando á corveta Princesa, con base no porto de Cádiz. Posteriormente regresou a Madrid, neste caso para traballar no Ministerio de Defensa e marchou de novo a Ferrol para facerse cargo do destrutor Blas de Lezo. De novo en Madrid ocupouse da xefatura de comunicacións e posteriormente marchou a Rhode Island para ampliar os seus estudos en comunicacións no Estado Maior dos Estados Unidos. Entre xullo de 1987 e novembro de 1988 fíxose cargo do mando do buque escola Juan Sebastián Elcano''.

En 1989 foi nomeado xefe de gabinete do Estado Maior da Armada e ascendeu a contralmirante. O seguinte paso, logo de mandar unha misión española na OTAN, foi o seu ascenso a vicealmirante en loxística, e posteriormente comandante xeneral nas Canarias e logo en Ferrol, co cargo de xefe da Zona Marítima do Cantábrico, onde pasou a almirante e logo á reserva.Los recuerdos de un viejo marino. Con el almirante Gabriel Portal Antón , El Correo Gallego, 24/8/2008

Vida civil Foi promotor da Fundación Philippe Cousteau Unión de los Océanos e da Fundación Gabriel Portal Antón, que se ocupa de paliar situacións de drogadición.

Vida persoal Casou e tivo un fillo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Philippe Cousteau.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2019