Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.

Traxectoria miniatura|300px|Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán. Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941 na páxina da RAG. e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.

Obras Las catedrales gallegas, 1950. Estudios jacobeos, 1954. A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia, 1965.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores Diccionario de escritores en lingua galega Outros artigos Seminario de Estudos Galegos Ligazóns externas : «Figuración sen mesturas de don Xesús Carro García» Compostela, primavera do 1986.

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Historiadores da arte de Galicia