Tim "Herb" Alexander, nado en Cherry Point (Carolina do Norte) o 10 de abril de 1965, é un músico estadounidense, coñecido por ser o batería da banda Primus. Tim tocou na meirande parte da discografía do grupo, incluídos algúns dos seus álbums máis coñecidos como Frizzle Fry (1990), Sailing the Seas of Cheese (1991), Pork Soda (1993) e Tales from the Punchbowl (1995). Alexander estivo na banda en tres momentod; inicialmente deixou Primus en 1996 e regresou en 2003, antes de marchar novamente en 2010 e regresar en 2013.

Aínda que Alexander ten afirmado estar inspirado inicialmente para tocar a batería por lendarios músicos como John Bonham, Neil Peart e Shaun O'Connor, o guitarrista de Primus Larry LaLonde asegura que o seu xeito de tocar está máis influenciado pola música African Jùjú.

Fóra de Primus, Alexander tocou en varios proxectos co líder de Tool Maynard James Keenan, incluídas as bandas Puscifer e A Perfect Circle, e tamén tocou no grupo de artes escénica teatrais Blue Man Group. Alexander ten sido loubado pola súa forma de tocar "polirrítmica".

Traxectoria Antes de unirse a Primus tocou e gravou con Major Lingo, unha banda se ska cunha lap steel guitar como instrumento principal. Cando Major Lingo xirou pola Bay Area Tim coñeceu aos membros de Primus e fixo unha proba coa banda.

Despos de que Alexander deixase o grupo, formou o seu propio proxecto, Laundry, coa que editou dous álbums, Blacktongue e Motivator. Alexander tamén colaborou co baixista experimental Michael Manring e co guitarrista Alex Skolnick para formar o grupo Attention Deficit.

Alexander foi o primeiro batería de A Perfect Circle, realizando os primeiros concertos coa banda, e gravando o tema "The Hollow" no seu álbum de estrea, Mer de Noms. Aparece tamén como membro no DVD/CD aMOTION.

Alexander uniuse ao grupo teatral Blue Man Group, e ocasionalmente tocou coa banda de Las Vegas Uberschall.

A pesar de ser principalmente coñecido polo seu traballo como batería, Alexander tamén é un hábil guitarrista e vocalista. Tocou a guitarra ao vivo co grupo Born Naked e fixo labores de vocalista no segundo álbum de Laundry e na súa xira de promoción.

Alexander estivo involucrado nun novo proxecto entre os anos 2008 e 2009. Este coñeceuse co nome Into The Presence e interpretaba cancións de Luis Carlos Maldonado. O seu álbum de estrea foi lanzado a través do selo Razor and Tie Records e conta coa colaboración da baixista Paz Lenchantin e a súa irmá, a chelista Ana Lenchantin.

Na actualidade Alexander está envolto co proxecto de Maynard James Keenan Puscifer. Xirou coa banda e aparece nas súas gravacións máis recentes.

Notas

Categoría:Baterías Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Carolina do Norte Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Carolina do Norte