Joe Preston, nado en Salem (Oregón) en 1969, é un baixista estadounidense e antigo membro das bandas Earth, The Melvins, Men's Recovery Project e The Need and High on Fire. Preston tamén tocou con Sunn O))), e tivo un proxecto en solitario chamado Thrones. No ano 2007 uniuse a Harvey Milk no estudio para a gravación de Life... The Best Game in Town, e tocou coa banda durante a súa xira do 2008 polos Estados Unidos e Europa.

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Teclistas Categoría:Cantantes de Oregón Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Oregón