The Dandy Warhols é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Portland, Oregón, por Courtney Taylor-Taylor (voces, guitarra), Zia McCabe (teclados), Peter Holmström (guitarra) e Eric Hedford (batería), que deixou o grupo en 1998 e foi substituído por Brent De Boer. O seu nome é un xogo de palabra co nome do creador do pop-art Andy Warhol.
A banda gañou recoñecemento tras fichar con Capitol Records e editar o seu álbum de estrea cun gran selo, ...The Dandy Warhols Come Down, no ano 1997. En 2001 o grupo acadou novos niveis de fama grazas á súa canción "Bohemian Like You" que foi usada nun anuncio de Vodafone. The Dandy Warhols foron obxecto en 2004 do documental Dig!, xunto co grupo psicodélico de San Francisco The Brian Jonestown Massacre. A banda leva publicados dez álbums de estudio, dous recompilatorios, seis EPs e 27 sinxelos ata a data.
The Dandy Warhols están fortemente influenciados por The Velvet Underground, The Beach Boys, Simon and Garfunkel, The Beatles, The Shadows e The Rolling Stones.
Discografía
Álbum Ano Selo Dandys Rule, OK? 1995 Tim/Kerr ...The Dandy Warhols Come Down 1997 Capitol Records Thirteen Tales from Urban Bohemia 2000 Capitol Records Welcome to the Monkey House 2003 Capitol Records The Black Album/Come On Feel The Dandy Warhols 2004 Beat the World Records Odditorium or Warlords of Mars 2005 Capitol Records ...Earth to the Dandy Warhols... 2008 Beat the World Records The Dandy Warhols Are Sound 2009 Beat the World Records This Machine 2012 Beat the World Records, The End Records Distortland 2016 Dine Alone Records Why You So Crazy 2019 Dine Alone Records Tafelmuzik Means More When You're Alone 2020 autoeditado Rockmaker 2024 Sunset Blvd Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de Portland, Oregón Categoría:Grupos musicais formados en 1993