Luís Casas Pasarín, coñecido como Pasarín, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1902 e finado o 17 de agosto de 1986, foi un futbolista pontevedrés, que xogaba de defensa esquerdo, moi corpulento.
Traxectoria Despois de iniciarse no mundo do fútbol no Club Deportivo Pontevedra e no Pontevedra Athletic Club, Pasarín fichou polo Vigo Sporting. Trala fusión deste equipo en 1923 co Fortuna, Pasarín pasou a formar parte do primeiro equipo do Real Club Celta, sendo un dos primeiros capitáns. En decembro dese mesmo ano acadou o campionato de Galicia, trofeo revalidado nos dous anos seguintes.
O 25 de maio de 1924 debutou coa selección española nas Olimpíadas de París, fronte ao combinado italiano. Xogou 6 partidos coa selección española, o último deles o 19 de decembro de 1926 en Vigo contra Hungría.
Na tempada 1927-28 o Celta volveu acadar o campionato galego. O 30 de decembro de 1928 Pasarín xogou o partido de inauguración do estadio de Balaídos, fronte ao Real Unión de Irún. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Pero para a tempada seguinte, na que apareceu a liga española de fútbol, Pasarín fichou polo Valencia CF. Ao pouco de chegar foille concedida a capitanía do equipo. En 1934 chegou á final da copa de España. Nese ano formaba parella defensiva con Torregaray na dereita, recibindo o dúo o alcume de "Las Columnas de Hércules". Cos anos foi perdendo destreza física, e foi caendo no xogo sucio, converténdose no xogador valencianista máis expulsado desa época. Por outra parte, adoitaba lanzar os golpes francos.
En 1935 deixou o fútbol e incorporouse ao Ministerio de Traballo como funcionario, pero ao pouco tempo incorporouse ás filas do Nacional de Madrid.
Trala guerra civil aprobou o título de adestrador. Iniciouse neste posto coa selección española en 1946. Nese mesmo ano pasou a adestrar ao Valencia, equipo co que ganou a Liga da temporada 1946-47. En 1948 regresou a Vigo para dirixir o Celta, onde estivo até 1951, cando marchou a Portugal a facerse cargo do Porto. En 1953 colleu ao Málaga CF, onde estivo unha tempada. No curso 1955-56 dirixiu o Real Oviedo. Regresou ao Celta entre 1957 e 1959, e volveu ao Oviedo en 1959.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas .
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Club Deportivo Pontevedra Categoría:Xogadores do Pontevedra Athletic Club Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas olímpicos de Galicia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do FC Porto Categoría:Adestradores do Málaga CF Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Real Madrid Castilla