miniatura|400px|Representación do nacemento de Xesús nun baldaquino de San Salvador de Meis. As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno, sobre as que houbo unha superposición relixiosa.Baldomero Iglesias Mero afirma que "Chega así o ciclo de Nadal, unha superposición relixiosa por riba de ritos ancestrais e pagáns do solsticio de inverno que se perden na noite dos tempos, que mudaron a celebracións do fin de ano solar en celebración do Nacemento dun Deus-Neno" (Galicia digital)

Noiteboa miniatura|400px|A mesma escena noutro baldaquino de San Breixo de Arcos de Furcos (Cuntis).

Na noite do 24 de decembro celébrase o nacemento de Xesús de Nazaret. Por tal motivo serve para reforzar a unión da familia, normalmente na casa paterna. Nesta unidade familiar inclúense as ánimas dos familiares falecidos, que se cre que veñen participar na cea. Así, na cea de Noiteboa era costume servir un prato máis na mesa para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración, ou ben deixábase a mesa sen recoller para que comesen as ánimas dos ausentes, para os que tamén se deixaba a lareira acesa. En Verín e en Cualedro deixábaselles cera e leite; Risco sinalaba que en Xinzo de Limia debía quedar na casa o cabeza de familia para recibir as ánimas. Deste xeito, os membros da familia no alén podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían en vida. Risco tamén relaciona este acto de reservar un sitio e cubertos na mesa como símbolo da pousada que se lle dá á Virxe, pousada que se lle negara en Belén.

Ata tempos recentes era día de abstinenciaNa relixión católica celebrábanse as vixilias a véspera das grandes festividades, que consistían en que os cregos se reunían para rezar e cantar, mentres que os fieis observaban. Durante ese día debía gardarse abstinencia (Enciclopedia católica: Abstinencia: vigilias)., polo que non se servían carnes. Isto explica o costume galego de cear bacallau con coliflor nesta ocasión; noutros lugares ceábase polbo, verza ou grelos. Entre as sobremesas máis típicas pódense citar a sopa de améndoas (en Verín) ou a compota de pera en viño tinto (Lugo).

Taboada Chivite di que en algures tamén se lle daba ás vacas unha sobrecea na Noiteboa, coma se o gando tamén fose da familia e tivese dereito a celebrar a festa. Outros costumes que cita son botar unha présa de sal no pozo ou deixar en auga unhas flores de malva que se recolleran na noite de san Xoán, coa crenza de que, aínda estando loxicamente murchas, aparecerán á mañá seguinte frescas e fragrantes, como acabadas de cortar Esta crenza recóllea en Oímbra, pero as anteriores non as localiza..

Hai sitios, como Verín, onde ó rematar a cea de noiteboa, os rapaces saen a apedrar as árbores froiteiras para que o ano entrante dean ben de froita. Adoitábase facer sobre todo coas árbores aneiras, que só dan froito cada dous anos. Era costume representar previamente unha falsa disputa entre o dono da árbore, que teimaba en cortala, e outra persoa que a defendía, porfiando en que despois de apedrala daría froito en abundancia.Taboada Chivite: La Navidad gallega, 121-122.

O Belén miniatura|300px|Relevo na igrexa de Santa María de Bemil (Caldas de Reis). miniatura|300px|Belén na igrexa de San Francisco (Cambados). Aínda que a primeira representación dun nacemento dentro da celebración no Nadal foi idea de San Francisco de Asís na noiteboa de 1223, a introdución do costume en Galicia debeu de ser tardía, segundo Taboada Chivite. Da escena do nacemento e da Epifanía poden atoparse xa exemplos nos tímpanos, retablos e baldaquinos de moitas igrexas medievais, como se mencionará máis adiante. Un dos máis antigos en terras galegas pode ser o relevo que se expón no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, procedente do desaparecido mosteiro de San Xoán de Camba (O Castro de Caldelas), de mediados do século X.

É costume que nas igrexas parroquiais se monte un Belén, representación figurada do nacemento de Xesús, rodeado de figuras de pastores e labregos. Máis modernos son os que cada quen fai na súa casa ou algúns concellos nalgunha praza céntrica. Entre os beléns galegos cómpre destacar o belén de Baltar, obra que creou o escultor ourensán Arturo Baltar en 1967 e que foi ampliando ano tras ano para convertelo nun vivo retrato de Ourense no primeiro cuarto de século XX, con persoeiros populares recoñecibles Dúas figuras incluídas neste belén representan dúas afamadas prostitutas do Ourense, "A Zorrita" e "A Noalla", que Eduardo Blanco Amor incluíu na súa novela A esmorga. "El escultor, padre de un belén que es un minucioso retrato etnográfico de una Galicia extinguida, fue el primer mortal en llevar a Eduardo Blanco Amor a un prostíbulo. A don Eduardo, homosexual confeso, 'cuando le llevé a casa de A Noalla', ésta regentaba cerca de la calle Villar (capital del antiguo barrio chino ourensano) una casa de 'chicas' que había heredado de su amiga 'Zorrita', recuerda el artista" . e edificios característicos da zona. Desde 1980 exponse permanentemente na igrexa de San Cosme e San Damián, de Ourense.

Soado tamén é o belén eléctrico de Begonte, creado en 1972 polo entón párroco da vila José Domínguez. Neste belén, animado por máis de 50 mecanismos, as figuras realizan os labores propios desta comarca luguesa Pode visitarse durante o tempo do Nadal no Centro Cultural José Domínguez Guizán.. En Ortigueira (A Coruña) exponse outro gran belén, inaugurado en 1924 e restaurado en 2001, que representa o mapa de Xerusalén, ocupando unha superficie de 120 metros cadrados; tralo belén, pende un gran pano pintado por Camilo Díaz Baliño. E en Pontevedra cómpre destacar o Belén Artesanal de Valga, con máis de 4.500 figuras, 300 delas animadas.

A tradición apócrifa sitúa o nacemento de Xesús nunha humilde corte de pastores, entre un boi e un burro ou unha mula. Disque o boi quentaba ó Neno co seu bafo, mentres que a mula aproveitaba para lle comerlle a palla do presebe. Por esta actitude ingrata da mula, Deus condenouna á esterilidade.Taboada Chivite: La Navidad gallega, 135.

Na Limia foi un carrizo quen quixo roubar a palla e o castigo foi ser condenado a ser o paxaro máis pequeno de todos cantos hai.

A presenza do boi e da mula ó redor do Neno só se acredita a partir do século IV, tempo no que se datan as catacumbas de san Sebastián en Roma. Nunha das súas paredes, un fresco reflicte o boi e o burro axeonllados ante o Neno Xesús envolto nos seus capizos. Os evanxeos canónicos (Mateo, Marcos, Lucas e Xoán) non describen as condicións do nacemento de Xesús. San Lucas é o único que dá algún detalle, cando di que, tralo parto, María envolveuno nuns capizos e deitouno na manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles (Lc 2,7), sen falar do gando que puidese estar presente. É o apócrifo Protoevanxeo de Santiago (mediados do século II) o que describe o nacemento nunha cova, pero non fala do gando, e o Evanxeo do pseudo-Mateo (século VI) conta que ós tres días do nacemento se trasladan a unha corte na que, por fin, aparecen o boi e o burro canda o Neno Pseudo Mateo XIV.1: O terceiro día tralo nacemento do Señor, María saíu da gruta, e entrou nunha corte, e depositou ó Meniño no presebe, e o boi e mailo asno adorárono. Entón cumpriuse o que anunciara o profeta Isaías: O boi recoñeceu ó seu dono e o asno o presebe do seu señor (Universidade de Granada: Evanxeo do Pseudo-Mateo ).

Unha noite mui fría de inverno nunha corte do gando en Belén veu ó mundo do modo máis probe o que foi o máis rico en saber.

En un portaliño escuro, cheo de teas de arañas, entre a mula e mais o boi, nace o Redentor das ialmas.Panxoliñas recollidas en Carballedo (Pontevedra) e Corme (Ponteceso, A Coruña), respectivamente.

O tizón de Nadal

Na Noiteboa limpábase coidadosamente o lar e acendíase un gran tronco, denominado Tizón ou Cepo de Nadal. O acto de varrer o lar antes de prender o lume simbolizaba destruír o vello para dar paso ó novo. O tizón debía permanecer aceso na lareira ata Aninovo; en troques, por terras de Becerreá debía durar todo o ano, dándolle lume tódolos días aínda que fose por pouco tempo. Logo deixábase apagar pero conservábase durante o resto do ano para acendelo de novo durante as treboadas ou cando se ventaba unha desgraza na casa, como elemento apotropaico, protector do fogar.

Xoán Xosé Pérez Labaca escribiu sobre un costume dos celtas que consistía en acender unha candea o día do solsticio de inverno, que tiña que arder durante medio día seguido para traer boa sorte na casa. E engade:

Vicente Risco defíneo así:

Amais de ser protector e de certo carácter sagrado, as cinsas do tizón de Nadal parecían ser boas para curar as febres.

O culto ó lume está ben presente na cultura popular galega, coma na doutras latitudes. Poida ser que este tizón de Nadal sexa unha reliquia dese culto pagán que terminou sendo prohibido, sen éxito, polas Sinodais de Mondoñedo no século XVI por consideralo rito gentílico.Taboada Chivite: La Navidad gallega, 128.

As tempas

Na Comarca do Condado adóitase saír á eira cun cirio aceso para saber de onde vén o vento, ás 12 da noite en punto. O lugar desde o que sopre o vento indicará como vai vir o tempo e as colleitas no ano próximo. Así, o vento do Sur indica ano húmido, o nordés avisa que vai ser ano seco, o vento do leste indica un ano de fame e o vento do oeste indica unha anada abondosa.

O Apalpador miniatura|Carlos Callón, co Apalpador, ante o edificio da Xunta en San Caetano nunha concentración de Queremos Galego no 2012. Personaxe mitolóxico que, baixo diferentes denominacións -Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro-, é coñecido en diversas comarcas do País. Indica a tradición que se trata dun carboeiro que vive nos montes e nas devesas durante todo o ano e que baixa durante a noite do apalpadoiro, o día 24 ou o día 31 de decembro segundo a zona, para apalpar as barrigas dos meniños e comprobar que comeran ben durante o ano. Se as atopa cheas, murmura "así esteas todo o ano". Se non as atopa cheas non di nada, pero deixa en ambos os casos unha presada de castañas.

Taboada Chivite recolle o ritual propiciatorio de apalpar a barriga dos máis pequenos. Concreta ese ritual na noite do 31 de decembro e chámaa noite de apalpadoiro.Taboada Chivite: La Navidad gallega, 130.

Esta tradición comezou a ser recuperada e celebrada por toda a Galiza tras a publicación dun artigo de José André Lôpez Gonçález referente a ela no Portal Galego da Língua e o traballo de recuperación, documentación e promoción levado a termo por diversos colectivos, entidades, centros sociais, escolas e colexios.

Hai diversas cantares populares arredor do personaxe:

Vaite logo meu ninín / miña neniña, marcha agora pra a camiña, que vai vir o Apalpador a apalparche a barriguiña.

Mañá é día de cachela que haberá gran nevadara e vai vir o Apalpador cunha mega de castañas.

Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo.Dun cartel editado polo concello de Santiago co programa de actividades para o Nadal de 2010, baixo o lema "Apalpando as ilusións".

Misa do galo Celébrase á medianoite e debe o nome ó costume de levar un galo, costume documentado xa na Idade Media. Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo.