O Estadio Municipal Nuevo Arcángel é un estadio de fútbol español da cidade de Córdoba. Inaugurouse en 1993 e serve de localía ao Córdoba CF. Ten capacidade para 21.822 espectadores.

Historia Despois de derrubar o antigo estadio de El Arcángel, situado a uns 500 metros da súa situación actual, e onde o Córdoba Club de Fútbol xogou durante 39 anos, incluídas 8 tempadas en Primeira División, construíuse un novo estadio, co mesmo nome oficial, no ano 1993. Contaba con pistas de atletismo e capacidade para 15.500 espectadores sentados.

Remodelación No 2005 comezou unha unha remodelación completa xa que as instalacións eran insuficientes para unha cidade e un equipo con aspiracións importantes no fútbol. Ademais, a visibilidade era moi deficiente pola distancia entre terreo de xogo e bancadas. Ao finalizar o ano, rematara a nova bancada de preferencia, que ten unha capacidade de 8.726 espectadores en dúas alturas. Esta bancada construíuse cun edificio de oficinas de 8 plantas xunto a ela, co fin de poder construír as instalacións mediante empresas privadas, que puidesen explotar as oficinas.

A partir de setembro de 2007 comezou a construción do gol norte con 3.983 asentos, que se estreou en setembro de 2008. Recentemente construíuse o fondo sur. Posteriormente rematarase o campo coa creación da bancada oeste, é dicir, tribuna cuberta, de características similares á xa existente preferencia, pero cun hotel anexo, que explotará a empresa que o constrúa. Ademais, finalizarase o edificio de oficinas da bancada de preferencia (bancada leste), que se manterá en bruto ata que se decida a compañía que a utilice durante os próximos 50 anos.

Tras as obras finalizadas de gol sur na súa parte baixa, con 3.013 asentos, o aforamento actual do estadio é de 21.822 asentos.

Véxase tamén Ligazóns externas Instalacións do Córdoba CF Proxecto de estadio (Concello de Córdoba)

Arcangel Categoría:Deporte en Córdoba Categoría:Córdoba CF