Sir Thomas "Tom" Robert Alexander Harries Davis, nado o 11 de xuño de 1917 en Rarotonga e finado o 23 de xullo de 2007 , foi un médico e político das Illas Cook que foi primeiro ministro das Illas Cook.
Traxectoria Davis estudou secundaria en Auckland e fixo medicina na Universidade de Otago, rematando en 1945, foi o primeiro habitante das Illas Cook en graduarse en medicina en Nova Zelandia. Despois serviu como oficial médico nas Illas Cook, mellorando o sistema de saúde. En 1952 foi aos Estados Unidos para realizar un máster de saúde pública na Universidade Harvard, logo traballou para as forzas armadas e para a NASA.
Política
En 1970 volveu ás Cook, fundou o Partido Demócrata en 1971, parlamentario desde 1972, convértese no líder da oposición. O 25 de xullo de 1978 converteuse no novo primeiro ministro, posto que mantería ata o 13 de abril de 1983 para dar paso a un goberno de Geoffrey Henry, que durou poucos meses, e o 16 de novembro dese ano asumiu de novo o posto que retivo ata o 29 de xullo de 1987. Casado desde 1979 coa xefe da dinastía Pa Ariki, Pa Tepaeru Terito Ariki, el recibiu o título de Pa Tuterangi Ariki e desde 1981 era cabaleiro do Imperio Británico. Interesado na recuperación da navegación dos pobos polinésicos deseñou dúas canoas (vaka), a Takitumu (1991) e a Te Au O Tonga (1994) coas que utilizando técnicas de navegación tradicionais navegou xunto cunha tripulación adestrada polo Pacífico. En 1992 publicou a súa autobiografía, titulada Island boy: An autobiography. En 2004 foi nomeado alto comisionado en Nova Zelandia.
Notas
Categoría:Primeiros ministros das Illas Cook Categoría:Nados nas Illas Cook Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2007