O inspector Gadget (en ) é unha serie de debuxos animados desenvolvida conxuntamente entre Francia, os Estados Unidos, o Canadá e o Xapón que se emitiu orixinalmente de 1983 a 1986. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia en 1993.
Desenvolvemento
A serie trata das aventuras dun detective ciborg, o inspector Gadget, un humano dotado con variados gadgets biónicos implantados no seu corpo logo de ter un accidente. A súa antítese é o doutor Gang, o líder dunha organización de malevos, coñecida como "MAD", estaba orixinalmente dobrada en inglés e francés, na versión galega os personaxes reciben o seu nome da versión francesa. A serie foi un éxito que xerou outros debuxos baseados nos mesmos personaxes, así como dous filmes de acción real.
Categoría:Debuxos animados Categoría:Series de televisión con versión galega