miniatura|Placa na ponte de Beldoña. José Antonio Santiso Miramontes, nado en Mabegondo (Abegondo) o 26 de setembro de 1960, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi alcalde de Abegondo entre os anos 1991 e 1992 como independente pola UMISantiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura . www.elcorreogallego.es, 20/04/2009 ., entre 1995 e 2004 polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), e de novo dende o 2009. Foi conselleiro de Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia desde o 2004 ata o 2005, e máis tarde parlamentario do Parlamento de Galicia. Tamén foi membro da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).

Santiso ocupou o cargo de conselleiro sucedendo a Juan Miguel Diz Guedes dende setembro de 2004. Posteriormente, a partir do 2005 ata a súa reincorporación á alcaldía, ocupou un escano no Parlamento de Galicia.El caso de Benidorm despeja el camino a los tránsfugas en las listas del PP gallego. www.lavozdegalicia.es, 26/10/2010 O ex conselleiro Santiso Miramontes consegue dinamitar a Alcaldía de Abegondo. www.vieiros.com, 06/04/2009.

Santiso accedeu á alcaldía de Abegondo en 1991, como único concelleiro do UMI, co apoio de PP, CNG e CDS. En xuño de 1992 sufriu unha moción de censura pasando a ser alcalde Tomás Regueiro CacheiroUn conductor circuló 15 años con un permiso municipal. www.laopinioncoruna.es, 22/08/2008 ., do CDS co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE. En xaneiro de 1995 recuperou a alcaldía de Abegondo tras presentar unha moción de censura que contara co apoio dun edil socialista, sendo designado no mes de marzo candidato do PPdeG á alcaldía para as eleccións de maioLa Voz de Galicia, 19-3-1995, p. 44..

Á fronte do PPdeG logrou amplas maiorías absolutas con máis do 70% dos votos nas eleccións de 1995, 1999 e 2003, o que o converteu no rexedor máis votado de España en municipios de máis de 5.000 habitantes. En setembro de 2004 abandonou a alcaldía tras ser nomeado Conselleiro de Agricultura, sendo sucedido como alcalde por Juan José Rocha, tamén do PPdeG. Tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 cesou como Conselleiro tras perdelo PPdeG o goberno autonómico, accedendo en marzo de 2006 a un escano no parlamento galego trala renuncia de Manuel FragaSantiso Miramontes promete su cargo de diputado en substitución de Manuel Fraga. www.farodevigo.es, 07/03/2006. . Foi designado candidato do PPdeG á alcaldía de Abegondo para as eleccións de 2007, ante o cal Rocha encabezou unha candidatura independente. Conseguiu gañar as eleccións, pero sen maioría absoluta, polo que Rocha conservou a alcaldía co apoio do BNG e o PSdeG.

En abril de 2009 Santiso accedeu por terceira vez á alcaldía ó prosperar a moción de censura presentada polo seu grupo e apoiada polo único concelleiro socialista. Tanto os concelleiros do PPdeG como o socialista déranse da baixa con anterioridade dos seus respectivos partidos por mor na normativa antitransfuguismo. A moción recibiu 7 votos a favor e 6 en contra do BNG e da Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) do anterior alcalde, Juan José Rocha

Nas eleccións municipais de 2011 foi recuperado polo PPdeG como candidato e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. En xullo dese ano foi elixido presidente do Consorcio As MariñasLos nueve alcaldes del área deciden que Santiso presida el Consorcio As Mariñas . www.elidealgallego.com, 08/07/2011 polos representantes dos 9 concellos membros, tomando o relevo do anterior presidente Julio Sacristán. Volveu ser elixido alcalde de Abegondo con maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2015, 2019 e 2023, tralas cales tamén revalidou a presidencia do Consorcio.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Abegondo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Abegondo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes