Estrella Morente Carbonell, nada en Las Gabias (provincia de Granada) en 1980, é unha cantaora flamenca andaluza.

En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Traxectoria

Provén da familia Morente, oriúnda da provincia de Granada. O seu pai, Enrique Morente, tamén cantaor, e a súa nai Aurora Carbonell, bailaora, transmitíronlle desde a súa infancia a esencia do flamenco.

Vida persoal

Está casada co toureiro Javier Conde. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Estrella Morente

Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Cantaores e cantaoras