Adolfo Campos Panadeiros, nado en Dozón o 1 de agosto de 1934 e finado en Santiago de Compostela o 24 de maio de 2021,Muere el exalcalde de Dozón Adolfo Campos foi un empresario e político galego, alcalde de Dozón de 1987 a 2020.

Traxectoria Emigrou a Venezuela. Retornou a mediados dos sesenta e instalouse en Lalín, invertendo co seu irmán Ovidio en negocios de hostalería e espectáculos e despois nunha fábrica de pensos. Como empresario foi presidente de Nucamsa e administrador do Matadoiro Comarcal de Deza Lalín, ademais de rexentar unha gasolineira.

Comezou a súa carreira política como concelleiro de Lalín en 1973. El Pueblo Gallego, 15-11-1973, p. 14. Afiliouse á UCD e nas primeiras eleccións democráticas presentouse no segundo posto desa candidatura en Lalín e foi elixido concelleiro. En 1983 encabezou a lista do Partido Galeguista á alcaldía de Dozón que acadou cinco concelleiros, pero non obtivo a maioría. Nas eleccións municipais de 1987 foi o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde. Conseguiu a maioría absoluta nas municipais de 1991, xa no Partido Popular. Desde entón revalidou sempre a maioría. Foi condenado por prevaricación en febreiro de 2008 a nove anos de inhabilitación por adoptar unha serie de resolucións contrarias aos dereitos da funcionaria municipal Ana Lois Navaza, que o denunciou por acoso laboral."Os socialistas esixen que Adolfo Campos deixe de ser alcalde" , artigo en Galicia Hoxe, 26 de marzo de 2008. Logo da apelación de Campos, a Audiencia Provincial declarou en xullo de 2008 a nulidade parcial da sentenza e o reenvío da causa ao Xulgado do Penal para que ditase unha nova resolución."Anulada a sentenza de inhabilitación do rexedor de Dozón", artigo en Vieiros, 9 de xullo de 2008.

En novembro de 2015 foi detido no marco da Operación Qatedra,O BNG de Dozón esixe a dimisión de Adolfo Campos e o seu fillo tras a súa detención, La Voz de Galicia, 29/11/2015. pedindo días despois a súa baixa como militante do PP, e continuando na alcaldía como non adscrito, se ben volveu a encabezala candidatura popular no 2019.

En xuño de 2020 dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e foi substituído na alcaldía polo seu fillo Adolfo Campos Vázquez. Campos Vázquez xa viña presidindo os plenos municipais uns meses antes, precisamente pola saúde do pai.

O 21 de xullo de 2020 foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a dous anos de prisión e o pago dunha multa de 1080 euros como autor do delito continuado de falsidade en documento público. Tamén foron condenados o exsecretario e unha exconcelleira e tesoureira.

Vida persoal

Casou con María Vázquez Diéguez e foi pai de Adolfo, Mónica e Alejandro Campos Vázquez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Dozón

Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Alcaldes de Dozón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Dozón Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes