Bangja de Corea, nada en Tokyo o 4 de novembro de 1901 e finada en Seúl o 30 de abril de 1989, foi unha princesa xaponesa, casada co xefe da casa real de Corea, Lee Eun.

Traxectoria Naceu como princesa Nashimoto Masako do Xapón, filla do príncipe Morimasa Nashimoto. En 1920 casou co herdeiro á coroa coreana en Tokyo. Dende 1963 vivía en Corea do Sur. Tivo dous fillos o príncipe Jin, envelenado durante unha visita a Corea cos seus pais en 1922 e o príncipe Gu, que se converteu en 29º xefe da casa real coreana á morte do seu pai en 1970.

Categoría:Personalidades de Corea do Sur Categoría:Nobreza Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1989