Santiago Fernández Fernández, nado en Muros o 24 de maio de 1947 é un actor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Arte Dramática e mestre. De ampla experiencia teatral, foi actor, director e fundador do grupo de teatro independente Tespis, actor de Teatro Circo, da Escola Dramática Galega e de Teatro do Morcego. Actualmente dirixe o Estudio de Teatro Casahamlet onde imparte docencia, actúa e dirixe a compañía de teatro.
Coordinador e relator de numerosos cursos para docentes sobre dramaturxia escolar, lectura expresiva e oralidade.
Profesor de diversos cursos de posgrao sobre Teoría e práctica da interpretación nas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña
( 1999-2004) Comunicación e información radiofónica, Universidade da Coruña,( 2014)
Actor e director de dobraxe.
Como escritor ten publicados sete libros sobre didáctica da língua: Agromar, língua galega (Anaya,1980), Comentarios literarios,(Andhea,1985), ou manuais especializados, A voz do actor ( Deputación, 2001).
Co ensaio Historia dunha montaxe teatral, levou o Premio Literario Cidade da Coruña en 1982; o Otero Pedrayo no ano 2010 compartido con Manuel Lourenzo polo seu labor en Casahamlet, o de Bos e Xenerosos de a AELG, en recoñecemento o labor en Casahamlet( 2014).
É colaborador dos xornais La voz de Galicia e El Ideal gallego.
En Radio Coruña, Cadena SER, dirixe o programa Escuela de Padres.
Narrador de concertos Didácticos coa Orquestra Sinfónica de Galicia: Pedro e o lobo, (Prokofiev), Historia dun soldado (F. Ramuz e I. Strawinnsky), O Rei David (A. Honegger), La música y los sentidos (J.A. Abad), Historias de la percusión , Homenaje al Quijote, El vuelo del moscardón (R Korsakof) The Ty Pewriter ( L. Andersen); Epigrama del engaño y la sombra ( J. Vizoso), Egmont ( L.V. Beetthoven, 2014).
Co grupo de Cámara In Itínere: Cantigas do Mar ( Martín Códax), Eirexa dos Minimes, Bruxelas.
Coa Real Philarmonía de Galicia, Las siete palabras (Haindy); Werther ( G. Pugnani(2.014)
Narrador de libros sonoros – sondecontos-: A memoria das árbores, (Kalandraka2000), O Gatipedro, (Kalandraka 2002), Hércules y Crunia, (Kalandraka,2004).
Como actor ou director de teatro ten interpretado textos de E. Ionescu, E. Mrozeck, A .Chejov, E . Albee, Puskin, F. Dúrremant, Castelao, A. Cunqueiro, M. Lourenzo,W. Shakespeare, H. Müller…
En cine ou televisión ten participado como actor en: Dame lume (H. Carré, 1993 ); A lei da fronteira ( A. Aristarain, 1995); Mareas vivas ( teleserie) (TVG, 1998); Rías Baixas (teleserie) ( TVG, 1999); Galicia Exprés (teleserie) ( TVG, 2000); O lápis do carpinteiro ( A. Reixa, 2002); Autopsia ( M. Bará,2002); As leis de Celavella (teleserie) ( TVG,2003); Heroína (G. Herrero, 2005); Terra queimada (doc) ( J. Paz, 2008); O camiño primitivo: Asturias (doc) ( J.Salgado, 2008)…entre outros.
Premios Premio ao "mellor actor de teatro", Valladolid, 1997. Premio literario "Cidade da Coruña" 1982 co ensaio Historia dunha montaxe teatral. Premio "Otero Pedrayo" das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.El premio Otero Pedrayo reconoce la labor del estudio CasaHamlet
Obras Agromar. Lingua Galega, 1983. Comentarios de textos literarios, 1985. A voz do actor, 2001.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en AVG Doblaje IMDB Galegos
Categoría:Actores de Muros Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1947