Andrés Pociña Pérez, nado en Lugo o 8 de marzo de 1947, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Comezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose e doutorándose na Universidade de Salamanca. En Salamanca empeza o seu traballo como profesor universitario e en marzo de 1976 trasladase á Universidade de Granada, onde é Catedrático de Filoloxía Latina dende 1983. Foi Decano da Facultade de Filosofía e Letras entre 1982 e 1984.
Colaborador de El Correo Gallego.
Obra en galego Poesía Versos para Aurora, 1999, Ediciós do Castro. Apócrifo de Fiz matinado en soños, 2006, Ediciós do Castro.
Narrativa Quince mulleres, quince momentos, 2000, Baía Edicións. Nas transparencias do Miño, 2005, Laiovento.
Ensaio Galicia e Granada: dous cabos dun eixo espiritual, 1998, Ediciós do Castro. As letras galegas na obra de Alfredo Brañas, 1999, Fundación Alfredo Brañas. Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, 2000, Laiovento. Con Aurora López. Traducida ao castelán. Tecer con palabras, 2007.
Traducións Poesía grega do século XX, 2004, Xunta de Galicia. Con Mosjos Morfakidis.
Edicións Poesía galega completa, de Rosalía de Castro, 1992-1994, Sotelo Blanco, con Aurora López.
Obras colectivas Conversas con Maruxa Villanueva na Casa de Rosalía, con Aurora López, 1995, Hércules de Edicións. Premios Pedrón de Ouro: Certame Nacional Galego de Narracións Breves 'Modesto R. Figueiredo', Fundación do Pedrón de Ouro: Certames XXIV (1998), XXV (1999) e XXVI (2000), 2001, Ediciós do Castro. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, con Aurora López, 2014, Alvarellos. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Obra en castelán Ensaio Terencio, el eunuco, 1977. Los historiadores imperiales, los emperadores, y el teatro latino, 1981. El tragediógrafo latino Lucio Acio, 1984. Comienzos de la poesía latina. Épica, tragedia, comedia, 1988. Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1937-1990), 3 volumes, 1991-1993, Fundación Barrié. Con Aurora López.
Edicións Medeas. Versiones de un mito desde Grecia hasta hoy, con Aurora López, 2002, Universidade de Granada.
Obras colectivas Medea en Corinto, de Luz Pozo Garza, 2003, Linteo. Edición bilingüe galego-castelán, con Aurora López. Comedia romana, 2007, Akal. Con Aurora López.
Premios Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2000 por Ás sete na Praza Maior. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 2001 por Medea en Camariñas. Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo en 2003 con O colar indio. Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves en 2010 coa obra As dúas vellas do Iguasú''. Premio Pedrón de Honra en 2011, ex aequo con Aurora López. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Currículo na Universidade de Granada
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Catedráticos da Universidade de Granada