John William Chancellor, nado en Chicago o 14 de xullo de 1927 e finado en Princeton, Nova Jersey o 12 de xullo de 1996, foi un xornalista estadounidense, que traballou durante a maioría da súa carreira para NBC News, sendo o presentador de NBC Nightly News de 1970 a 1982.
Traxectoria
Chancellor comezou a traballar en 1948 no Chicago Sun-Times primeiro como rapaz para todo e despois como reporteiro, desde 1950 traballou na estación de televisión local afiliada á NBC, a WNBQ, e a partir de 1956 foi correspondente de Huntley-Brinkley Report, o noticieiro da tarde da NBC e posteriormente, en 1958 e ata 1960, en Europa (Viena, Londres, Moscova e Bruxelas). En xullo de 1961, Chancellor substituíu a Dave Garroway como presentador do programa da NBC Today, deixándoo en setembro de 1962 para pasar a correspondente político para a NBC News, el xunto con Frank McGee, Edwin Newman e Sander Vanocur conformaron un equipo que cubriu as convencións políticas da década de 1960, sendo coñecidos como "Four Horsemen" (Catro xinetes)Marc Robinson Brought to You in Living Color: 75 Years of Great Moments in Television & Radio from NBC, p. 95. Durante a convención nacional republicana de 1964 arrestáronoDan D. Nimmo, Chevelle Newsome Political commentators in the United States in the 20th century p. 3 cando intentaba entrevistar a un delegado por intentar interromper o transcurso normal da convención, Chancellor transmitiu en directo o seu arresto. En 1965 aceptou o nomeamento como director da Voice of America a proposta do presidente Lyndon Johnson, posto que mantivo ata 1967. Volvendo á NBC en 1968 de novo como correspondente de Huntley-Brinkley Report e dous anos máis tarde converteuse en presentador da NBC Nightly News, posición que mantivo ata o 2 de abril de 1982, permanecendo no programa realizando comentarios editoriais ata o 9 de xullo de 1993.
Na súa honra creouse o Premio John Chancellor para a excelencia no xornalismo administrado pola Annenberg Public Policy Center ata 2004 e desde aquela pola Facultade de Xornalismo da Universidade de Columbia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeo de NBC Nightly News, do 4 de xullo de 1972 Entrevista con John Chancellor para a Biblioteca Lyndon Baines Johnson
Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Chicago