"Primary" é o primeiro sinxelo do terceiro álbum da banda inglesa The Cure, Faith, editado o 20 de marzo de 1981 a través do selo Fiction Records.
"Primary" comezou a tocarse na xira de Seventeen Seconds co nome "Cold Colours", cunha letra completamente diferente (mantendo o retrouso), e cunha liña de baixo lixeiramente distinta. A finais de 1980 a canción foi renomeada como "Primary". Unha demo desta versión preliminar, de setembro de 1980, incluíuse na reedición de luxo de Faith. O sinxelo de 12 polgadas contén unha mestura estendida da canción, a primeira en ser editada por The Cure.
Listaxe de cancións 7" "Primary" "Descent"
12" "Primary [Extended]" "Descent"
Categoría:Sinxelos de 1981 Categoría:Cancións de The Cure