O carro de combate ou tanque é un vehículo blindado cun sistema de tracción todo terreo con eirugas, destinado prioritariamente a destruír as forzas inimigas por medio do fogo directo. O tanque como arma de guerra naceu durante a primeira guerra mundial como consecuencia da guerra de trincheiras, protexidas por arames e metralladoras, que facían fracasar os asaltos convencionais da infantaría e causaban enormes perdas humanas. O exército británico introduciu esta arma en Francia en 1916, camuflándoa como depósitos (tanks en inglés) de combustible, de onde lle veu o nome.
Historia Primeira guerra mundial miniatura|Fotografía dun tanque británico Mark V.|esquerda As condicións de loita na fronte occidental incitaron ó exército británico a investigar nun vehículo autopropulsado que puidera cruzar trincheiras, derrubar aramados, e que fora impenetrable ós disparos das metralladoras. Tras estudar o Rolls Royce blindado utilizado pola Royal Naval Air Service en 1914, e coñecedor dos esquemas para crear un vehículo de combate con tracción de eiruga, o Primeiro Lord do Almirantado Winston Churchill patrocinou un comité, o Landships Committee, para supervisar o desenvolvemento desta nova arma.
Baixo a dirección do Coronel Ernst Swinton, o Landships Committee creou o primeiro prototipo con éxito, alcuñado Little Willie, que foi probado polo Exército Británico o 6 de setembro de 1915. Aínda que inicialmente se lles denominaba buques de terra (landship), os primeiros vehículos foron chamados coloquialmente transportes de auga, e máis tarde como tanques, para mantelos en segredo. A verba tanque foi empregada para dar a impresión aos traballadores que estaban construíndo contedores de auga móbiles para o Exército Británico en Mesopotamia, e tomou carácter oficial o 24 de decembro de 1915.
O primeiro caso de tanque operativo aconteceu cando o Capitán H. W. Mortimore da Royal Navy levou un Mark I ó combate durante a Batalla del Somme o 15 de setembro de 1916. Os franceses desenvolveron o Schneider CA1 e se empregou por primeira vez o 16 de abril de 1917, mais dados o mal resultado conseguido, foi substituído polo Renault FT. Este último serviu de base para o que sería o formato estándar dun tanque: unha base blindada con tracción de eirugas e mais unha torreta xiratoria que leva instalada o armamento principal. A primeira vez que se empregaron tanques masivamente durante un combate foi na batalla de Cambrai o 20 de novembro de 1917.
O carro de combate deixaría finalmente a guerra de trincheiras obsoleta, e os milleiros de tanques que se utilizaron na guerra polas forzas británicas e francesas realizaron unha contribución significativa. miniatura|Fotografía do carro de combate Schneider CA1. Os resultados iniciais cos tanques eran variados, os problemas de fiabilidade (e a impaciencia do alto mando) causaban un desgaste considerable en combate. O despregue en pequenos grupos tamén diminuíu o seu valor e impacto táctico. As forzas alemás sufriron o choque e carecían de armas contra os tanques, aínda que accidentalmente descubriron a munición antitanque e o uso de trincheiras máis anchas para limitar a mobilidade dos tanques británicos.
A evolución das condicións no campo de batalla e a falta de fiabilidade continuada forzaron ós tanques aliados a continuar desenvolvéndose durante o resto da guerra, producindo novos modelos como o Mark V, que podía abrirse paso ante obstáculos grandes, especialmente trincheiras amplas.
Alemaña presentou unha pequena cantidade de tanques, principalmente capturados, durante a primeira guerra mundial. Só chegaron a producir aproximadamente vinte tanques do seu propio deseño, o A7V.
Período de entreguerras Co concepto do tanque xa establecido, varias nacións deseñaron e construíron carros de combate entre as dúas guerras mundiais. Os deseños británicos eran os máis avanzados, debido en gran parte ao seu interese nunha forza blindada durante os anos 20. Francia e Alemaña non acadaron tanto desenvolvemento durante os primeiros anos do período de entreguerras debido ao estado da súa economía, e ao Tratado de Versalles respectivamente.
Estados Unidos realizou pouco desenvolvemento durante este período porque a rama da Cabalaría era máis veterana que a rama de Blindados e logrou absorber a maioría do financiamento destinado ó desenvolvemento do tanque. Incluso George S. Patton, que tiña experiencia con tanques na guerra, transferiu da rama de Blindados á de Cabalaría durante este período.
Durante este tempo, varias clases de tanques foron comúns, a maioría desenvolvidos no Reino Unido. Os tanques lixeiros, que tipicamente pesaban dez toneladas ou menos, que eran empregados principalmente para exploración e levaban un canón lixeiro que era útil contra outros tanques lixeiros. Os tanques medios, ou de cruceiro (como eran coñecidos no Reino Unido), que eran algo máis pesados e pensados para percorridos de grandes distancias a altas velocidades. Finalmente, os tanques pesados ou de infantaría, que estaban moi blindados e eran xeralmente moi lentos.
A idea completa era empregar os tanques de infantaría conxuntamente coa infantaría preto deles para efectuar unha ruptura, sobrevivindo ó fogo antitanque inimigo grazas ó seu blindaxe pesado. Unha vez que esta forza combinada destruíra a liña inimiga, se enviarían grupos de tanques de cruceiro a través do burato creado, atacando moi por detrás das liñas as subministracións e unidades de mando. Esta táctica de golpe en dúas fases foi a filosofía de combate básica das formacións de tanques británicos, e foi adoptada polos alemáns como un compoñente esencial do concepto Blitzkrieg.
A doutrina de J.F.C. Fuller foi a fote para o traballo dos principais estrategos: Hobart no Reino Unido, Guderian en Alemaña, Chaffee nos Estados Unidos, de Gaulle en Francia e Tukhachevsky na Unión Soviética. Todos alcanzarían conclusións similares, a integración de Tukhachevsky dos rastreadores aerotransportados era a máis sofisticada e discutible; só Alemaña realmente poñería en práctica a teoría, e con tácticas superiores, fixeron da Blitzkrieg unha arma efectiva.
Tíñase pensado na loita entre tanques, pero se enfocaba máis no uso de artillaría antitanque e similares, como os cazacarros. Isto foi máis empregado nos Estados Unidos, onde se esperaba que os tanques evitaran ós blindados inimigos, e que unidades dedicadas de cazacarros se enfrontasen. Reino Unido tomou o mesmo camiño, e ambos produciron tanques lixeiros coa esperanza de que a velocidade evitase a súa destrución. Porén, na práctica, se comprobou que estes conceptos eran perigosos.
Como o número de tanques no campo de batalla aumentaba, a posibilidade de enfrontamentos medraba até o punto de que os carros de combate tiveron que ser tamén vehículos antitanque. Porén, os tanques deseñados para facer fronte só a outros blindados eran relativamente vulnerables contra outras ameazas, e non satisfacían o papel de apoio á infantaría. A vulnerabilidade do fogo de tanques e antitanques levou a un rápido proceso de aumento do blindaxe e do canón en case tódolos deseños. A forma do tanque, pensada inicialmente para traspasar obstáculos, agora converteuse nun beneficio, pois presentaba un perfil baixo para a ocultación e a estabilidade.
Antes da segunda guerra mundial, as tácticas e a estratexia de despregar forzas de tanques experimentaron unha revolución. En agosto de 1939, o xeneral soviético Georgy Zhukov empregou a forza combinada de tanques e apoio aéreo en Nomonhan contra o 6º exército xaponés.Cox (1985), p. 579, 590 e 660 Tamén Heinz Guderian, un teórico táctico que foi un dos responsables na formación da primeira forza de carros alemá independente, afirmou: "onde están os carros, alí está a fronte de combate", e este concepto fíxose realidade na Segunda guerra mundial.Cooper (1979), p. 9 As ideas de guerra blindada de Guderian, combinadas coas doutrinas existentes de Alemaña (Bewegunskrieg ou "guerra de manobras") e mailas tácticas de infiltración da primeira guerra mundial, convertéronse na base da Blitzkieg nas etapas iniciais da segunda guerra mundial.
Segunda guerra mundial miniatura|Tanque soviético T-34, un dos tanques medios por excelencia. Durante a segunda guerra mundial víronse unha serie de avances no deseño de tanques. Os alemáns inicialmente presentaron a combate tanques pouco blindados e con armas lixeiras, como o Panzer I, que fora creado coa intención de empregarse só en adestramentos. Estes tanques lixeiros pero rápidos e outros elementos blindados foron un elemento chave para a Blitzkrieg. Durante a guerra tódalas forzas incrementaron en gran medida a potencia de fogo e o blindaxe dos seus tanques: o Panzer I só tiña dúas metralladoras, mentres que o Panzer IV levaba un canón de 75 mm e pesaba menos de 20 t. Co remate da guerra, o tanque medio alemán, o Panther tiña un canón rápido de 75 mm e pesaba 45 t.
Outro dos avances durante a guerra foi a mellora dos sistemas de suspensión. A calidade da suspensión era un determinante principal para o rendemento do tanque no campo. Os tanques con suspensión limitada proporcionaban frecuentes sacudidas á tripulación, limitando a velocidade e facendo que o disparo en movemento fora practicamente imposible. Os novos sistemas, como a barra de torsión ou a suspensión Christie melloraron o funcionamento, permitindo ó Panther cruzar terreos a velocidades que terían sido difíciles para os antigos deseños en estrada.
Nese momento, a maioría dos carros de combate estaban equipados con radios, o que melloraba a coordinación das unidades. O chasis do tanque foi adaptado a un amplo número de necesidades militares, incluíndo a limpeza de minas e tarefas de enxeñeiros. Tódalas potencias principais desenvolveron así mesmo armas autopropulsadas específicas: artillaría, cazacarros e canóns de asalto. Os canóns de asalto soviéticos e alemáns eran máis baratos e sinxelos que os tanques, mentres que os cazacarros británicos e estadounidenses apenas se diferenciaban dos carros de combate.
As torretas, que non eran unha característica universal con anterioridade, foron recoñecidas como a maneira correcta. Estimouse que se o canón do tanque cumpría que fose empregado para facer fronte a brancos blindados entón precisaba ser grande e de tanto alcance como fose posible, tendo un canón que puidera disparar a calquera punto. Os deseños de tanques con múltiples torretas, como o soviético T-35, foron abandonados durante a segunda guerra mundial. A maioría dos tanques mantiveron unha metralladora no casco.
Guerra fría e posteriores Trala segunda guerra mundial, o desenvolvemento do carro de combate continuou coas melloras das clases medianas e pesadas. Os tanques lixeiros limitábanse a labores de recoñecemento e, nos Estados Unidos, como apoio a forzas aerotransportadas. Porén, as limitacións de peso dos transportes aéreos facían imposible construír un tanque lixeiro práctico, e esta clase foi desaparecendo co paso do tempo.
A combinación de mellores suspensións e motores permitiu ós tanques medios de finais da guerra superar ós primeiros tanques pesados. Con engadir algo máis de blindaxe e motores algo máis grandes para compensar, os carros medios quedaron protexidos contra a maioría das armas antitanque, mentres que a súa mobilidade se mantiña. miniatura|O Centurion británico, considerado o primeiro tanque de combate principal. Algúns consideran ó Panther como o punto de inflexión, e como base para os deseños posteriores. Porén, o Panther non estaba demasiado blindado e non podía loitar contra os tanques pesados en igualdade de condicións. Considérase xeralmente ó tanque británico Centurion como o primeiro tanque desta nova xeración, pois podía recibir o impacto do famoso canón 88 mm alemán; estaba armado co canón Royal Ordnance L7 de 105 mm, superior a calquera outro no campo de batalla; e podía acadar os 56 km/h grazas ó seu motor Meteor de 650 cv.