Ween é unha banda de rock alternativo formada en 1984 en New Hope (Pensilvania) por Aaron Freeman (Gene Ween) e Mickey Melchiondo (Dean Ween). Despois de centos de gravacións caseiras, Ween conseguiu unha gran base de fans no underground a pesar de ser bastante descoñecidos polo público en xeral.
Aínda que Ween é xeralmente categorizada como unha banda de rock alternativo, é coñecida polo seu altamente ecléctico catálogo de cancións inspiradas polo funk, o soul, o country, o gospel, o rock progresivo, o R&B, o heavy metal ou o punk rock. Tras 28 anos co grupo, Gene Ween abandonou Ween no ano 2012, citando a necesidade de centrarse nos seus problemas de adición ao alcol e ás drogas. En 2015 a banda volvería a xuntarse e xirou extensamente sen plans para editar novo material.
Historia
Primeiros anos Aaron Freeman e Mickey Melchiondo coñecéronse nunha clase de mecanografía da educación secundaria en 1984. Segundo Freeman non se caían ben inicialmente, pero decatáronse de que aos dous gustáballes a música. O nome de Ween foi unha palabra inventada polo dúo, unha combinación das palabras wuss (covardía) e penis (pene). As súas primeiras gravacións caseiras eran anárquicas e cun espírito moi libre, con influencias coma Syd Barrett, The Beatles, Queen, Prince, Butthole Surfers, The Residents é o movemento punk lo-fi.
Dende 1984 ata 1994, a formación de Ween ao vivo estiva composta principalmente por Freeman nas voces principais e ocasionalmente tocando a guitarra rítmica, Melchiondo como guitarra solista e corista, e un Digital Audio Tape (DAT) proporcionando pistas de apoio pregravadas. A finais dos anos 80 autoeditaron seis casetes: Mrs. Slack (1985), The Crucial Squeegie Lip (1986), Axis: Bold as Boognish (1987), Erica Peterson's Flaming Crib Death (1987), The Live Brain Wedgie/WAD (1988), e Prime 5 (1989). Nese tempo, Gene tamén editou a súa propia cinta, Synthetic Socks (1987), onde Dean aparecía nuns poucos temas. Ween foi a miúdo comparado nos seus primeiros anos con outros artistas pouco convencionais coma Frank Zappa e Tom Waits, a pesar de que eles evitaban esas comparacións. A primeira aparición pública de Ween foi unha versión de "Purple Haze" de Jimi Hendrix no peche dun concurso de talentos no instituto New Hope-Solebury en 1986, con Chris Williams (Mean Ween) no baixo e Karl Weimer na batería. Nos anos 80 o grupo realizou un feixe de concertos como "The Ween" coa sección rítmica de Rollins Band, Andrew Weiss e Sim Cain, como banda de apoio. miniatura|250x250px|Ween ao vivo en 1993 En 1988 Ween actuaba con regularidade en locais como o John and Peter's de New Hope e o City Gardens de Trenton, Nova Jersey. No City Gardens foron abreconcertos de artistas como They Might Be Giants, GWAR, Butthole Surfers, e Henry Rollins. Tras unha actuación nesa sala en febreiro de 1990 onde a recepción de Ween foi morna, Rollins saíu ao escenario e advertiu ao público que lles empezasen a gustar nese momento, porque algún día "teredes que axeonllarvos e arrastrarvos ata o altar que é Ween".
Período lo-fi Dave Ayers, traballando como A&R de solo de Minneapolis Twin/Tone Records, foi ao un concerto da banda de rock alternativo Skunk a finais dos 80 en Maplewood, Nova Jersey coa intención de ofrecerlles un contrato discográfico. Ween, amigos de Skunk, eran os abreconcertos ese día. Ayers fichou a Ween para Twin/Tone esa mesma noite e converteríase no representante da banda. Pola súa banda, Skunk separaríase en 1991 e o seu batería, Claude Coleman, Jr., realizaría un feixe de concertos con Ween en 1992 antes de unirse ao grupo a tempo completo en 1994.
O primeiro disco de Ween con Twin/Tone foi GodWeenSatan: The Oneness, editado en 1990 e formado por 26 temas eclécticos compostos durante os seus primeiros seis anos. Algunhas das cancións, como "You Fucked Up" e "Bumblebee", xa apareceran nalgúns dos casetes de Ween de finais dos 80. "You Fucked Up", "Fat Lenny", "Nan", e a retitulada versión de Prince "L.M.L.Y.P." volveríanse básicas nos concertos da banda dos seguintes anos. Ween realizou os seus primeiros concertos no estranxeiro para promover este álbum, cunha serie de actuacións nos Países Baixos nos meses de decembro de 1990 e xaneiro de 1991.
O grupo gravou un segundo álbum nun gravador de cinta de 4 pistas dende xaneiro a outubro de 1990, nun apartamento chamado The Pod, situado en Solebury Township, Pennsylvania. Este traballo, The Pod, lanzouse en 1991 a través do selo Shimmy-Disc. A banda usou caixas de ritmos, guitarras e voces con tons axustados e un sentido do humor especial como características do seu son. A portada de The Pod era unha parodia da portada do álbum de Leonard Cohen The Best of Leonard Cohen, pero coa cabeza de Mean Ween (o baixista Chris Williams) no sitio da de Cohen. Aínda que o libreto di que o álbum gravouse baixo a influencia de Scotchgard, un repelente de auga en esprai da marca de Minnesota 3M, Freeman diría posteriormente que era tan só ironía. Tras o lanzamento de The Pod, Ween iniciou a súa primeiroa gran xira plos Estados Unidos, ademais de realizar unha xira dunha semana polo Reino Unido que incluíu a gravación dunha sesión con John Peel na BBC. Claude Coleman Jr. tocaría por vez primeira con Ween na xira británica de febreiro de 1992, que tamén contou co fundador de Shimmy-Disc, Kramer, no baixo.
Elektra Records miniatura|Dean Ween en 2009 Pure Guava, a primeira dunha serie de edicións co gran selo Elektra Records, foi editado o 10 de novembro de 1992 o contén o seu sinxelo que máis alto chegou nas listas, "Push th' Little Daisies" (1992). O video musical obtivo moita atención por parte da cadea MTV, e foi vídeoclip destacado no programa Beavis and Butt-head. O tema tamén foi un éxito en Australia, acadando o número 18 da lista de sinxelos. A canción "Flies on My Dick" ten voces de Guy Heller, cantante da outra banda de Melchiondo, Moistboyz. Heller interpretaría ocasionalmente o tema ao vivo con Ween. Ween xirou polos Estados Unidos para promover o disco, e o concerto do 9 de decembro en Chapel Hill, Carolina do Norte, sería lanzado en 2008 como o CD/DVD At the Cat's Cradle, 1992. Tamén como parte da promoción de Pure Guava, Ween actuou no MTV's Spring Break en Daytona Beach, Florida, e no programa The Jane Pratt Show.
Tras o lanzamento de Pure Guava, Ween comezou a ampliar a súa formación, conseguindo un son máis nítido no estudio e simplificando os seus concertos. Claude Coleman Jr. uniuse oficialmente ao grupo como batería en marzo de 1994, mentres que o habitual produtor da banda Andrew Weiss encargaríase do baixo.
Chocolate and Cheese, producido por Weiss, chegou en 1994, contando con temas influenciados polo pop/rock dos 70 e o soul, como "Freedom of '76" e "Voodoo Lady", que apareceu nas películas Road Trip e Dude, Where's My Car?. O video de "Freedom of '76" foi dirixido por Spike Jonze e o de "I Can't Put My Finger On It" rodouse nun restaurante de comida de Oriente Medio con empregados reais do mesmo. Os dous videos apareceron na tempada 5 de Beavis and Butt-Head en 1995. Ween interpretou "I Can't Put My Finger On It" no Late Night with Conan O'Brien en xaneiro de 1995. O tema de Chocolate and Cheese "Roses Are Free" comezou a ser versionada regularmenteen concerto por Phish en 1997. Freeman comentaría posteriormente: "Gústame Trey Anastasio como persoa, pero no que respecta á música, toda esa merda de jam band faime vomitar".
Un mes antes do lanzamento de Chocolate and Cheese, Ween apareceu no filme slapstick do programa Saturday Night Live It's Pat, interpretado por Julia Sweeney. A banda (que no filme estaba formada por Freeman, Melchiondo, Weiss, e o irmán deste John Weiss como batería) facía un papel secundario e interpretaba o tema de The Pod "Pork Roll, Egg & Cheese" e o de Pure Guava "Don't Get 2 Close (2 My Fantasy)". A película foi un fracaso tanto de crítica como de público e desapareceu dos cines unha semana despis da súa estrea.
Tamén en 1994, Freeman, Melchiondo e Coleman colaboraron coa banda xaponesa de noise rock Boredoms nun proxecto lanzado dous anos despois como Z-Rock Hawaii. Melchiondo volvérase un gran fan de Boredoms tras velos ao vivo en Filadelfia en 1993, chamándoos "a banda máis pesada que vira despois dos Butthole Surfers". O líder de Boredoms, Yamantaka Eye, lanzara anteriormente un álbum que sampleaba amplamente o disco The Pod. Estas sesións de gravación tivaron lugar nun estudio de Pennington, Nova Jersey, durante a gravación de Chocolate and Cheese.
Ween contou con músicos de sesión de Nashville para a gravación de 12 Golden Country Greats (1996), producido por Ben Vaughn e que só contén dez temas. Existen dúas teorías sobre o título do álbum. A primeira afirma que fai referencia á ducia de músicos veteranos, coñecidos como The Shit Creek Boys, que tocou no disco. A segunda fai referencia ao feito de que a banda gravou de feito doce temas durante as sesións demo previas ao álbum. Cando foi hora de gravar o traballo, o grupo elixiu non usar as cancións "I Got No Darkside" e "So Long, Jerry", pero mantivo o título do disco. "So Long, Jerry", un tributo ao recentemente falecido Jerry Garcia, apareceu como cara b do sinxelo "Piss Up a Rope". Seguindo a tradición de Nashville, Freeman e Melchiondo proporcionaron tan só as voces, deixando que The Shit Creek Boys tocasen todos os instrumentos. The Jordanaires, o cuarteto vocal que fixera coros para Elvis Presley, aparecen nos temas "I'm Holding You" e "Powder Blue".
Éxito comercial O álbum de temática nautica The Mollusk apareceu en 1997. Moitos seareiros e críticos considérano o mellor álbum da banda. O disco foi outro cnxunto ecléctico de temas amosando a inclinación de Ween pola sátira, a deconstrución e o pastiche, incluíndo britpop dos 60, cantos de mariñeiros, melodías de Broadway, e especialmente rock progresivo.
O desexo da banda de buscar medios alternativos levou á edición de Craters of the Sac só en MP3 no ano 1999. Elektra Records lanzou un recompilatorio en directo titulado Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998 ese mesmo ano.
No ano 2000 apareceu White Pepper, un álbum con temática pop e o seu derradeiro traballo con de estudio con Elektra. O tema "Even If You Don't" tivo un vídeo musical realizado polos creadores de South Park, Trey Parker e Matt Stone.
Regreso a selos independentes miniatura|Gene Ween en 2009 En 2001 o grupo creou o seu propio selo, Chocodog Records, co obxectivo principal de lanzar diversos álbums ao vivo de la banda. Orixinalmente, Paintin' The Town Brown: Ween Live 1990-1998 ía ser o primeiro lanzamento do mesmo. Segundo Dean Ween, unha vez que o álbum foi completado, Elektra viu potencial comercial e negoulle á banda o dereito de editalo por medio de Chocodog. O primeiro lanzamiento de Chocodog foi Live In Toronto Canada (unha gravación dun concerto da súa xira de 1996, na que Ween tocou con The Shit Creek Boys).
No 2003 asinaron con Sanctuary Records e editaron Quebec, o seu primeiro álbum de estudio en tres anos. No 2004 lanzouse o CD/DVD Live in Chicago, con temas de dúas actuacións ao vivo.
En febreiro do 2006, Dean e Gene, xunto co resto da banda, alugaron unha vella granxa e convertérona nun estudio. Despois de compoñer uns 50 temas e gravar versións en bruto a través do ano 2006, regravaron co produtor Andrew Weiss as producer as versións das cancións que entrarían no EP The Friends e no álbum La Cucaracha.
O 21 de setembro do 2008, Dean Ween anunciou na páxina oficial de Ween que estaban pensando editar un CD-DVD antes do Nadal dese ano. O CD foi titulado At the Cat's Cradle e fora gravado ao vivo no Cat's Cradle en Chapel Hill, North Carolina, o 9 de decembro de 1992. A edición tamén incluía un DVD con vídeos de actuacións desa época.