Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Limita coa parroquia da Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con San Miguel de Reinante.
A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Reinante
Parroquias de Barreiros
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Barreiros
Categoría:Parroquias de Barreiros Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior