Carl Reiner, nado o 20 de marzo de 1922St. James Encyclopedia of Popular Culture, St. James Press, (2000) en Nova York e finado o 29 de xuño de 2020 en California, foi un actor, director, produtor, guionista e humorista estadounidense, pai do realizador Rob Reiner.
Traxectoria Reiner comezou a actuar en musicais de Broadway en 1948. A partir de 1950 apareceu regularmente no programa de televisión Your Show of Show, do que tamén era un dos guionistas, e desde 1954 na súa continuación Caesar's Hour. En 1960 en The Steve Allen Show axuntouse con Mel Brooks para formar un dúo cómico. En 1961 creou, produciu e protagonizou a súa propia comedia de situación, The Dick Van Dyke Show, que se mantivo en emisión ata 1966, alí dirixiu algúns episodios e en 1967 realizou o seu primeiro filme Enter Laughing, e máis tarde dirixiu varias comedias do actor Steve Martin como The Jerk (1979), Dead Men Don't Wear Plaid (1982), The Man with Two Brains (1983), e All of Me (1984). Reiner gañou nove Emmy e yb Grammy durante a súa carreira, e foi a única persoa en aparecer nas cinco encarnacións de The Tonight Show. De 2004 a 2005, Reiner deu voz a Sarmoti en Father of the Pride.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio de Carl Reiner
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados no Bronx Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de televisión Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión