O Pallacanestro Virtus Roma, coñecido popularmente como Virtus Roma, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Roma, capital do país. Actualmente xoga na Serie A (LBA), a máxima categoría do baloncesto transalpino. O momento máis histórico do club foi a consecución da Copa de Europa (actual Euroliga) en 1984. O equipo diputaba os seus partidos como local no PalaLottomatica, con capacidade para 11.200 espectadores.

Historia A Vitus Roma gañou o seu primeiro e único título da Liga Italiana na temporada 1982−83. Na súa historia cabe destacar a Copa de Europa - como Banco dei Roma - que gañou na tempada 1983−84 na final disputada en Xenebra contra o FC Barcelona. Na final destacaron o base Larry Wright, e os pivotes Clarence Kea e Enrico Gilardi, nun equipo que adestraba Valerio Bianchini. Posteriormente en 1984 venceu na Copa Intercontinental e a Copa Korać en 1986 e en 1992. Nos anos 90 cambiou o nome por Messaggero e incorporou a xogadores como Dino Rađa, Michael Cooper e Roberto Premier. En 2000 venceu a Supercopa de Italia (o seu último trofeo) contra a Virtus Bologna. En 2005 incorporouse ao club Dejan Bodiroga. Tras pasar a maior parte da década de 2000 participando na Euroliga e ser un dos habituais candidatos ao título da Serie A, o club decide por motivos económicos despois da tempada 2014−15 descender de división e disputar a Serie A2. Na temporada 2018−19 o equipo consegue regresar á máxima categoría.

Patrocinios Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

Banco Roma (1971–1988) Phonola Roma (1988–89) Il Messaggero Roma (1989–92) Virtus Roma (1992–93) Burghy Roma (1993–94) Teorematour Roma (1994–95) Nuova Tirrena Roma (1995–96) Telemarket Roma (1996–97) Calze Pompea Roma (1997–99) Adr Roma (1999–01) Würth Roma (2001–02) Lottomatica Roma (2002–2011) Acea Roma (2011–2016) UniCusano Roma (2016–2018)

Palmarés Italia Liga de Italia Campións (1): 1983 Supercopa de Italia Campións (1): 2000

European competitions Euroliga Campións (1): 1984 Copa Korać Campións (2): 1986, 1992 Subcampións (1): 1993

Global competitions Copa Intercontinental Campións (1): 1984

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia Categoría:Equipos campións da Euroliga