Paula Julie Abdul, nada o 19 de xuño de 1962 en San Fernando (California), é unha cantante, letrista, bailarina, coreógrafa e personalidade de televisión estadounidense de orixe siria xudía e canadense.
Traxectoria Mentres estudaba na universidade Abdul superou unha selección para ser animadora dos Los Angeles Lakers, en 1982 encargouse da coreografía do vídeo do sinxelo Torture de The Jackson 5, converténdose en coreógrafa habitual durante a década de 1980 de vídeos musicais de múltiples grupos e cantantes. En 1988 lanzou o seu primeiro álbum, Forever Your Girl, que foi un éxito, dándolle fama como cantante de música pop-R&B, conseguindo varios éxitos a finais da década 1980 e comezos da década de 1990. Conseguiu ter seis sinxelos números un no Billboard Hot 100 e gañou un Grammy por "Opposites Attract" e dous Emmys pola súa coreografía.
Despois deste período de éxito inicial unha serie de problemas afectaron á súa vida profesional e persoal, ata que ela volveu á fama na década de 2000 como xuíza na serie de televisión, American Idol (2002-2009).
Notas
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Coreógrafos Categoría:Letristas Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en San Fernando, Estados Unidos Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Cantantes de California