"Creep" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editada como o seu sinxelo de estrea en setembro de 1992. Posteriormente apareceu no seu primeiro álbum Pablo Honey. "Creep" é un dos temas máis coñecidos da banda, e ten sido usado en varios medios ademais de ser versionada por un feixe de artistas.

Durante a súa edición inicial "Creep" non foi un éxito nas listas. Porén, coa súa reedición en 1993 converteuse nun éxito en todo o mundo. Os asistentes aos primeiros concertos de Radiohead adoitaban a amosar pouco interese polos outros temas do grupo, causando que a banda reaccionase en contra de "Creep" e a tocasen con menos frecuencia de mediados a finais dos 90. En 1998, na metade da súa xira do OK Computer, a banda eliminou a canción de todos os seus setlists. "Creep" non foi tocada ao vivo novamente ata o ano 2001, e dende entón reapareceu varias veces nos seus concertos.

Antecedentes e gravación Segundo o baixista da banda Colin Greenwood, Thom Yorke compuxo "Creep" metres estudaba na Universidade de Exeter a finais dos anos 80The Post-Rock Band - The New York Times . O guitarrista Jonny Greenwood dixo que estaba inspirada nunha rapaza á que Yorke seguira e que se presentou un día de forma inesperada nun concerto a banda.

En 1992, durante as sesións de ensaio cos produtores Sean Slade e Paul Q. Kolderie, Radiohead espontaneamente tocou "Creep". Yorke describíulles "Creep" aos produtores como "a nosa canción Scott Walker"; Slade e Kolderie, confundidos pola observación do cantante, pensaron que era unha versión. Despois da tensión xurdida debido aos intentos infructuosos de gravar outros temas, Slade e Kolderie procuraron subir a moral pedíndolle á banda que tocase "Creep" novamente. Readiohead gravou a canción nunha única toma; despois da intepretación todo o mundo na sala comezou a aplaudir. Unha vez que o grupo lle asegurou a Kolderie que "Creep" era un tema orixinal, chamou a EMI para propoñerlle a canción como o seguinte sinxelo de RadioheadRandall, p. 83-84. Á canción graváronselle uns overdubs mínimos pero a banda non tiña intención de editala, aínda que os produtores quedaron impresionados con ela. Debido ás semellanzas con "The Air That I Breathe", unha canción gravada por The Hollies en 1973, Albert Hammond e Mike Hazlewood están acreditados como co-compositores de "Creep"Get off Coldplay's case – similar songs can co-exist peacefully - Guardian.co.uk .

Listaxe de cancións Edición orixinal británica "Creep" – 3:55 "Lurgee" – 3:07 "Inside My Head" – 3:12 "Million Dollar Question" – 3:18

Casete "Creep" – 3:56 "Faithless, the Wonder Boy"

Re-edición británica de 1993 (CD)

"Creep" (album version) – 3:58 "Yes I Am" – 4:25 "Blow Out" (remix) - "Inside My Head" (live) – 3:07

Re-edición británica de 1993 (vinilo de 12") "Creep" (acoustic) – 4:19 "You" (live) - 3:39 "Vegetable" (live) - 3:07 "Killer Cars" (live in Japan) - 2:17

Notas

Categoría:Sinxelos de 1992 Categoría:Cancións de Radiohead