My Chemical Romance (MCR) foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Nova Jersey e formada no ano 2001. O grupo estivo composto polo vocalista Gerard Way, os guitarristas Ray Toro e Frank Iero e o baixista Mikey Way. Pouco despois de crearse, a banda asinou co selo Eyeball Records e editou o seu álbum de estrea, I Brought You My Bullets, You Brought Me Your Love no ano 2002. Ao ano seguinte conseguiron un contrato con Reprise Records e lanzaron Three Cheers for Sweet Revenge no 2004, sendo todo un éxito. O seu álbum conceptual de 2006, The Black Parade, conseguiu eclipsar o anterior traballo conseguindo críticas moi favorables. O seu cuarto álbum de estudio, Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys, foi lanzado o 22 de novembro do 2010. A banda anunciou a súa separación o 22 de marzo do 2013 a través dun breve comunicado na súa páxina webAnuncio da separación da banda .

Discografía Álbums de estudio I Brought You My Bullets, You Brought Me Your Love - 2002 (Eyeball Records). Three Cheers for Sweet Revenge - 2004 (Reprise Records). The Black Parade - 2006 (Reprise Records). Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys - 2010 (Reprise Records).

EPs Like Phantoms, Forever - 2002 (Eyeball Records) Warped Tour Bootleg Series - 2005 (Reprise Records) Live and Rare - 2007 (Warner Music Japan) The Black Parade: The B-Sides - 2009 (Reprise Records) The Mad Gear and Missile Kid - 2010 (Reprise Records)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais formados en 2001