O gadolinio é un elemento químico na táboa periódica. Ten o símbolo Gd e correspóndelle o número atómico 64.
Historia En 1880 o químico suízo Jean Charles Galissard de Marignac observou liñas espectroscópicas debidas ao gadolinio en mostras de didinio e gadolinita. O químico francés Paul Émile Lecoq de Boisbaudran separou óxido de gadolinio en 1886. O elemento como tal non se illou ata hai pouco tempo.
O gadolinio, como o mineral gadolinita, recibiu ese nome na honra do químico e xeólogo finlandés Johan Gadolin.
Propiedades notables miniatura|esquerda|150px|Gadolinio O gadolinio é un metal que pertence ao grupo das terras raras. Ten unha cor branca semellante á da prata e ten unha maleabilidade e unha ductilidade considerable. A súa estrutura cristalina pode ser de dous tipos, chamados respectivamente forma α e β: a temperatura ambiente é hexagonal e por riba de 1508 K é cúbica centrada no corpo.
O gadolinio é estable en ar seco, mais a humidade fai que xere óxido na súa superficie. Este tende a se desprender da peza metálica, co que expón máis superficie ao ataque químico. O gadolinio e máis as súas sales son solubles en medio ácido, pero non en medio básico, onde forman hidróxidos de consistencia xelatinosa.
Por baixo de 1.083 K o gadolinio é supercondutor. Presenta tamén fortes propiedades magnéticas, tanto a temperaturas usuais coma a baixa temperatura.
Aplicacións As aplicacións do gadolinio máis salientables son as seguintes: Fabricación do fósforo das televisións a cor, discos compactos e memorias de ordenador. Aditivo metalúrxico, mellorando as propiedades das aliaxes de ferro e cromo. En forma de complexo, actúa coma contraste intravenoso mellorando a calidade e máis o valor diagnóstico das imaxes de resonancia magnética. No futuro, é probable que as propiedades de certos derivados de sulfato de gadolinio sexan aplicados en tecnoloxía de masers debido ó reducido nivel de ruído que presentan.
Isótopos As ocorrencias naturais do Gadolinio compóñense de 5 isótopos estables, 154Gd, 155Gd, 156Gd, 157Gd e 158Gd, e 2 radioisótopos, 152Gd e 160Gd, sendo 158Gd o máis abundante (24.84% abundancia natural).
Precaucións Coma o resto de lantánidos, os compostos do gadolinio son de baixa e media toxicidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas WebElements.com – Gadolinium
Categoría:Gadolinio Categoría:Lantánidos