miniatura|300px|Climas de España tradicionaisNon respectan a clasificación de Köppen.. O clima da Península Ibérica é moi variado debido á súa posición latitudinal e polas características propias do territorio. A Península Ibérica está situada nun lugar destacado dentro da circulación xeral atmosférica que non permanece estática senón que existen diferentes movementos de norte a sur, segundo a estación climática. Na península ten influencias diferentes masas de aire que van ter unhas características propias habendo frías ou cálidas e húmidas e secas. A península atópase nunha zona tépeda, non tendo características climáticas homogéneas ao ser zonas de mestura entre zonas de aire cálido e zonas de aire frío (subtropicais e polares).
A variada orografía así como a súa situación xeográfica, en latitudes medias da zona tépeda do hemisferio Norte, fai que o país teña unha notable diversidade climática. Así pasamos de lugares con suaves temperaturas, ao redor dos 15 °C, a outros que superan os 40 °C, sobre todo no verán, e de sitios onde as precipitacións non superan os 150 mm, a outros que rexistran máis de 2500 mm anuais.
Os distintos climas Tradicionalmente, clasificáronse catro grandes climas peninsulares: oceánico, mediterráneo (con algunhas variacións), subtropical e de montaña. Cada un inflúe nunha área xeográfica claramente delimitada.
Clima oceánico 220px|miniatura|Climograma da Coruña, exemplo de clima oceánico. O clima oceánico, tamén chamado atlántico, este clima esténdese por todo o norte e noroeste da Península, desde os Pireneos ata Galicia. Caracterízase pola abundancia de choivas, que adoitan superar os 1000 mm, repartidas de xeito regular ao longo do ano. Por esa razón, a paisaxe é moi verde. As temperaturas adoitan ser suaves debido á proximidade do mar: no inverno oscilan entre oscilan os 12 °C e os 15 °C e no verán roldan os 20-25 °C.
Clima mediterráneo 220px|miniatura|Climograma de Valencia, exemplo de clima mediterráneo típico. 220px|miniatura|Climograma de Toledo, exemplo de clima mediterráneo continentalizado. O clima mediterráneo é o que predomina en España, xa que estende ao longo de todo o litoral mediterráneo, o interior da Península e o arquipélago balear. Con todo, existen considerables diferenzas entre unhas zonas e outras, o que dá lugar a tres subdivisións:
O clima mediterráneo típico. Abarca gran parte da costa do mesmo nome, algunha zonas do interior, Ceuta, Melilla e Baleares. As choivas son irregulares, entre os 400 mm e os 700 mm anuais, e concéntranse especialmente no outono e primavera. Os invernos son curtos e suaves mentres que os veráns son longos e calorosos. A temperatura media anual rolda entre os 15 °C e os 18 °C. O clima mediterráneo continentalizado. Localízase na Meseta, a depresión do río Ebro e parte do Guadalquivir. Caracterízase por ter unhas temperaturas moi extremas, entre 25 °C e os -13 °C. Os invernos son longos e moi fríos, e os veráns moi calorosos. Ademais, as precipitacións son escasas, ao redor dos 400 mm, e aparecen en forma de tormenta nos meses de xullo e agosto. O clima mediterráneo seco. Aparece sobre todo no sueste do territorio, nas zonas de Murcia, Alacant e Almería. As choivas son extremadamente escasas, menos de 300 mm ao ano, o que converte estas zonas en áreas moi áridas, e son frecuentes os períodos longos de seca. As temperaturas son semellantes ás do mediterráneo típico, aínda que a calor no verán adoita ser máis intenso.
Clima subtropical O clima subtropical só aparece no arquipélago canario debido á súa proximidade co trópico de Cáncer e a costa árida de África. Caracterízase pola presenza dos ventos alisios e as correntes de auga fría. As temperaturas son cálidas durante todo o ano, entre os 22 °C e os 28 °C de media, mentres que as precipitacións son escasas, menos de 250 mm, e concéntranse no inverno. Por esa razón, non hai ríos nas Canarias e cando chove fórmanse torrentes.
Clima de alta montaña O clima de alta montaña aparece nos grandes sistemas montañosos como os Pireneos, o Sistema Central, o Sistema Ibérico, a cordilleira Penibética e o Cordal Cantábrico. Os invernos son moi fríos, e os veráns frescos. As precipitacións son moi abundantes a medida que aumenta a altitude e, en xeral, en forma de neve. As vertentes das montañas que miran ao norte son máis frías.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Clima de Galicia Clima de Europa
Ligazóns externas O clima en España Climas da Península Ibérica
Categoría:Península Ibérica Categoría:Climatoloxía