O Campo de Zafarraya constitúe o poljePolje é un termino eslavo usado referirse a unha estepa kárstica máis amplo de toda España.Ayuntamiento de Zafarraya. Está situado na provincia de Granada.
Situación xeográfica miniatura|dereita|200px|Zafarraya Situado a unha altura de 920 metros sobre o nivel do mar e cunha extensión de 10 km de largo por 3.5 de ancho. Sitúase nas cordilleiras subbéticas internas, limitando ao norte coa serra Gord, que o illa das depresións de Loja e Alhama de Granada ao leste, e Serra de Tejeda ao sueste. Os pasos montañosos máis destacados son os de Castillejo e o do Boquete, que permiten a comunicación entre a costa e o interior.
As formas kársticas constitúen a maior parte dos afloramentos da serra de Loja e de Zafarraya. Un exemplo prototípico da paisaxe kárstica comfórmano as sismas.
O Campo de Zafarraya constitúe un amplo val, onde a poboación humana constatouse desde o Paleolítico ata os nosos días. Desde o século XIX, o Campo de Zafarraya está repartido en tres poboacións: Zafarraya, Ventas de Zafarraya e El Almendral.
O fenómeno natural máis destacable do polje, é o dos sumidoiros. Por non ter saída por filtración, as augas procedentes da chuvia atópanse próximas á superficie, e só discorren por unhas simas ou sumidoiros, entre as serras de Loja e Marchamonas, que as comunican co arroio denominado de la Madre.
Primeiros poboadores miniatura|dereita|200px|O Boquete de Zafarraya visto desde Ventas de Zafarraya, marca o linde entre o Campo de Zafarraya e a provincia de Málaga. O poboamento humano en Zafarraya constatase desde o Paleolítico Medio (100.000 a.C-30.000 a.C) e a esta época corresponden os restos de maior antigüidade localizados na rexión, na cueva del Boquete de ZafarrayaCf.Barroso Ruiz et alii. «Avance al estudio cultural ...» p. 3ss, na vertente sur da serra de Alhama. Nesta etapa pódese falar de culturas particulares ao atoparse variedades de utensilios asociados a lugares concretos. Coñécese o uso do lume, fogóns, soterramentos e constátanse preferencias alimenticias.
A Cova do Boquete de Zafarraya é o espazo arqueolóxico representante do período Paleolítico e está situada no termo municipal de Alcaucín, poboación próxima a Zafarraya, situada na vertente sur da serra Tejeda. A cavidade é de escasa profundidade 10 metros de lonxitude por 2 de anchura, o que presupón que a súa ocupación correu a cargo duns reducido número de individuos.
Os primeiros restos atopáronse no ano 1982 e correspondían a un home adulto. A ausencia dalgunhas das súas partes e ruptura intencional doutras conduce aos investigadores a pensar sobre un posible canibalismo ritual entre os cazadores do lugar. No verán de 1988 descubriuse unha mandíbula robusta de grandes dimensións, que pertencía a outro home duns trinta anos que conservaba a maior parte da dentadura.El campo de Zafarraya (1484-1884). Salvador Raya. Ano 2006
O terremoto de 1884
miniatura|dereita|200px|Igrexa vella de Zafarraya tras o terremoto de 1884 O 25 de decembro de 1884 produciuse un terremoto con epicentro en Arenas del Rey que afectou a meirande parte des provincias de Granada e Málaga. A zona afectada polo terremoto de 1884 no Campo de Zafarraya abarcou as tres poboacións do LlanoLlano é o termo que empregan os habitantes da zona para referirse ao Campo de Zafarraya, en El Almendral aumentou a violencia dos choques ata o punto de dar lugar a desolación de Zafarraya e de Ventas de Zafarraya. Os desprendementos de terra foron de grande envergadura e unha greta de 8 km abriuse desde Zafarraya ata todo o largo da serra Tejeda, o mesmo aconteceu en Ventas de Zafarraya onde outra gran greta abriuse baixo as casas da poboación, o que produciu a ruína total da vila.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Zafarraya Ventas de Zafarraya
Categoría:Campo de Zafarraya