O Alto da Groba é un monte situado entre as parroquias de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). Ten 662 metros de altura,Segundo o mapa do Instituto Geográfico Nacional (2000). Outras fontes dan unha altura de 652 m (mapa de Galiza de Edicións do Cumio, 2006) ou de 663 m (Turgalicia) e é o pico máis alto da serra da Groba. Forma parte do sendeiro de gran percorrido GR58, máis coñecido como o sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona. No ascenso ao cumio existen dúas áreas recreativas, O Cortelliño e A Chan da Lagoa, dende as que se pode enxergar unha boa panorámica do Val Miñor e da entrada á ría de Vigo, entre outros puntos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía VV. AA. (2008): "Serra da Groba (Pontevedra)". En Rutas para caminar por Galicia. Montaña y senderismo. Ediciones Nobel. Ligazóns externas
Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Xeografía de Baiona Categoría:Oia