miniatura|250px|Eduardo de Woodstock, o Príncipe Negro Eduardo de Woodstock (en inglés, Edward of Woodstock), nado en Woodstock, o 15 de xuño de 1330 e finado en Londres o 8 de xuño de 1376, foi un príncipe inglés fillo do rei Eduardo III. Foi coñecido co alcume do Príncipe Negro, debido á cor da súa armadura.
Traxectoria En 1343 foi proclamado Príncipe de Gales, en calidade de herdeiro do trono do seu pai. Participou activamente na Guerra dos Cen Anos e na Guerra Civil de Castela (1366 - 1369), loitando do lado de Pedro I, a quen tamén apoiou a nobreza galega, contra Henrique de Trastámara.
Tras o seu falecemento, foi soterrado na catedral de Canterbury.
Véxase tamén Ligazóns externas
Biografía e descrición da particular armadura do Príncipe Negro
Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Nados en 1330 Categoría:Finados en 1376