Entreat é un álbum en directo da banda inglesa The Cure, gravado no Wembley Arena de Londres en xullo de 1989 e publicado o 11 de setembro de 1990 a través do selo Fiction Records. Está composto enteiramente por temas do seu álbum Disintegration. Entreat foi distribuído exclusivamente en Francia como unha ferramenta promocional. Porén, cando as gravacións piratas comezaron a aparecer o álbum tivo unha edición limitada en Europa.
Os dous últimos temas foron lanzados en 1989 como caras-b da versión estadounidense de "Lullaby". As cancións "Fascination Street", "Last Dance", "Prayers For Rain" e "Disintegration" tamén están incluídas no sinxelo "Pictures of You".
A re-edición de Disintegration no ano 2010 contaba cunha versión remasterizada e remesturada de Entreat, titulada Entreat Plus xa que conta coas doce cancións do álbum, incluídas as catro que foron excluídas de Entreat.
Listaxe de cancións
Entreat Plus
Notas
Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de The Cure Categoría:Álbums musicais de 1990