SYR7: J'Accuse Ted Hughes é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado dentro das súas series SYR. Foi lanzado só en vinilo, sendo o primeiro da serie que non tivo edición en CD, e inclúe dúas únicas cancións: "J'Accuse Ted Hughes" e "Agnès B. Musique". Consiste nunha peza improvisada interpretada ao vivo durante a actuación da banda o 8 de abril de 2000 no primeiro festival All Tomorrow's Parties, seguida dunha banda sonora non utilizada para un desfile de moda de Agnes B.

SYR7 segue a tradición das series SYR de ter notas en distintas linguas, e o seu libreto está escrito en arpitano, unha lingua falada en rexións de Francia, Suíza e Italia. A portada provén dunha crítica negativa de Melody Maker sobre a actuación da banda no ATP, facendo referencia ao disco anterior de SYR, Goodbye 20th Century, co titular "Adeus 20th Century, adeus talento!".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 2008