A batalla de Cacheiras, ou batalla de Montouto, foi un combate bélico acontecido no 23 de abril de 1846 nas ladeiras do alto de Montouto, en Cacheiras (Teo). Enfrontou o exército insurrecto contra o goberno español, baixo mando do oficial Miguel Solís, e as tropas lideradas polo xeneral José Gutiérrez de la Concha.

Antecedentes O 2 de abril de 1846 pronunciouse en Lugo, contra o goberno conservador de Ramón María Narváez, o comandante Miguel Solís Cuetos. Nos días seguintes sumáronse á revolta Santiago, Pontevedra e Vigo, ficando baixo control do goberno madrileño A Coruña, Ferrol e Ourense. O día 15 os sublevados constituíron en Santiago unha Xunta central e organizaron un exército propio: o Exército Libertador de Galicia. Esta unidade militar foi dividida en dous e enviada á conquista das cidades non pronunciadas. A primeira división, liderada por Miguel Solís, marchou contra A Coruña e Ferrol; a segunda, dirixida polo brigadier Leoncio Rubín de Celis, foi enviada a tomar Ourense. Ámbalas columnas fracasaron nas súas misións, e o día 21 recibiron ordes de regresar a Santiago pois achegábanse á cidade tropas enviadas polo goberno madrileño. O primeiro corpo regresou deseguida, porén, Rubín de Celis non enviou resposta ao requirimento.Tettamancy Gastón (1908). pp.221-222 Miguel Solís pretendeu agardar o regreso da columna perdida atrincheirado na cidade, mais a oposición da xunta civil a loitar nas rúas da capital fixo que abandonase a urbe na procura do inimigo. Cacheiras Categoría:Historia militar en Galicia en 1846 A batalla miniatura|220x220px|esquerda|Panel con información sobre a batalla. Concello de Teo.Coa primeira luz do día 23 de abril, a 1ª división do exército sublevado detívose no alto de Montouto, en Cacheiras, Teo. Arredor das dez da maña Miguel Solís foi advertido da presenza das primeiras tropas inimigas. Confundido por noticias erradas sobre as súas intencións e dimensións, avanzou tomando posicións en campo aberto á esquerda da aldea de Cacheiras. Ao decatarse de que o inimigo avanzaba na súa dirección, ordenou o regreso ás abas do monte, onde despregou as súas forzas.

Co flanco dereito na posición máis elevada, estendeu a liña cara ao norte situando alí o 2º batallón do rexemento de Zamora, os provinciais de Xixón e Segovia, e os seus 20 lanceiros a cabalo. A uns 400 metros detrás do flanco esquerdo da liña, na parte do monte de pendente máis suave, colocou os restantes soldados: 2 compañías de voluntarios, 25 gardas nacionais e 60 licenciados do exército. 200 metros por diante da liña, nun pequeno grupo de casas (casas de Raxó) atrincheirouse a compañía de gardas civís (rebautizados agora como gardas da liberdade).Tettamancy Gastón (1908). p.259

O exército do xeneral Concha avanzou cos seus tres batallóns en columnas paralelas. O seu flanco esquerdo axiña ficou baixo o fogo dos gardas civís apostados nas casas. As compañías de cazadores dos batallóns América e de la reina, que avanzaban na vangarda, protexidos polo fogo da artillaría, conseguiron despois de varias tentativas desaloxalos e continuar o avance contra o centro da liña dos sublevados.

Temendo Solís ser flanqueado pola esquerda mentres combatía o avance contra o centro, colocou alí as dúas compañías de voluntarios. Cara a elas se dirixiron inmediatamente as descargas da artillaría de Concha, quen, malia non poder romper a liña conseguiu ir pasando tropas pola esquerda, ameazando a carga coa cabalaría sobre a retagarda, nun lugar no que a pendente do monte era menor.

Vendo a súa inferioridade militar, e a vantaxe que ía acadando o inimigo, Solís ordenou a retirada. Algúns oficiais suxeriron dirixirse a Padrón, onde contaba con municións e unha peza de artillaría chegada de Vigo. Porén, aínda confiando na chegada da división de Rubín decidiu a marcha cara a Santiago. Ordenou o repregue do flanco esquerdo, destacando o 2º batallón de Zamora para cubrir a retirada. Malia isto, a reserva de gardas e licenciados sufriron as cargas da cabalaría inimiga cuxa acción forzou o abandono das vitais reservas de municións da columna.

Chegados os revolucionarios a Santiago, o exército gobernamental debeu deter momentaneamente o seu avance e agardar a chegada de máis tropas. Os reforzos, unha segunda columna que seguía á do xeneral Concha, constaba do 3º batallón do rexemento América, o rexemento provincial de Guadalajara, o 1º batallón do rexemento de la reina, 200 cabalos e 2 pezas de artillaría. As 14 horas as tropas de Concha entraron en Santiago por diferentes puntos, conquistando a cidade en combates rúa por rúa. Os últimos resistentes fixéronse fortes entre os muros do Mosteiro de San Martiño Pinario onde, esgotadas as municións remataron por se render as oito da tarde.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Provincialismo galego Revolución de 1846 Mártires de Carral Ligazóns externas Artigo na páxina web do concello de Teo. Artigo no blog Recunchos da memoria, 23/4/2012.

Cacheiras Categoría:Historia militar en Galicia en 1846 Cacheiras Categoría:Batallas do século XIX