Gaspar de Zúñiga Acevedo e Velasco, nado en Monterrei en 1560 e finado en Lima o 10 de febreiro de 1606, foi un nobre galego da Casa de Zúñiga, V conde de Monterrei, señor de Biedma, Ulloa e da casa de La Ribera, pertegueiro maior de Santiago de Compostela, vicerrei, gobernador e capitán xeneral do Vicerreinado da Nova España (México), presidente da Real Audiencia de México, logo vicerrei, gobernador e capitán xeneral do Vicerreinado do Perú e presidente da Real Audiencia da Cidade dos Reis (Lima)

Traxectoria Naceu no castelo de Monterrei, fillo de Jerónimo de Zúñiga Acevedo e Fonseca, IV conde de Monterrei, señor de Biedma, Ulloa e da casa de La Ribera, pertegueiro maior de Santiago de Compostela, e da súa esposa Inés de Velasco e Tovar, filla de Juan de Velasco e Tovar, marqués de Berlanga, e da súa esposa Juana Enríquez de Ribera. Á morte do seu pai en 1563 veu herdar e foi V conde de Monterrei. Casou en 1583 con Inés de Velasco e Aragón, filla de Íñigo Fernández de Velasco e Tovar, VI conde de Haro, IV duque de Frías, condestable de Castela, e da súa esposa Ana Ángela de Aragón e Guzmán. As capitulacións entre o conde de Monterrei e o duque de Frías, sobre o matrimonio dos seus fillos Gaspar e Inés foron outorgadas en 1563. Gaspar e Inés tiveron no seu matrimonio varios fillosLópez de Haro, páxs. 578-580.:

Pedro Jerónimo, que morreu novo. Manuel de Acevedo e Zúñiga, casado con Leonor de Guzmán, filla de Enrique de Guzmán, II conde de Olivares, e de María Pimentel de Fonseca e Zúñiga (irmá de Gaspar). Inés de Zúñiga e Velasco casada con Gaspar Guzmán Pimentel, conde-duque de Olivares, valido do rei Felipe IV. María de Zúñiga e Aragón, que morreu solteira. Catalina de Fonseca e Zúñiga, monxa no convento de Santa Cruz de Valladolid.

Axuda militar ao rei Filipe II Gaspar estudou en Monterrei no colexio dos xesuítas fundado polo seu avó Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, III conde de Monterrei. Á idade de 18 anos, decidiu en 1578 dar axuda ao rei Filipe II, coas súas tropas galegas pagadas do seu propio peto, en accións militares na fronteira de Portugal, reducindo á obediencia do rei Filipe II dezaoito vilasMenéndez Pidal, Tomo XXII, Vol.4, páx. 242.. ​Gaspar coas súas tropas galegas xunto coas do seu primo Francisco de Zúñiga e Sotomayor, IV duque de Béjar e Plasencia, e os exércitos reais ao mando de Fernando Álvarez de Toledo, III duque de Alba de Tormes, participaron na revista á entrada a Portugal, que fixo o rei Filipe II, en Cantillana preto de Badaxoz, o día 15 de xuño de 1580Menéndez Pidal, Tomo XXII, Vol. 2, páxs. 261-263.. Gaspar defendeu coas súas tropas galegas o porto da Coruña cando foi atacado polo corsario inglés Francis Drake en 1589. Gaspar tivo que litigar en 1594 co seu parente Fernando de Castro e Andrade, conde de Lemos, ante o Consello Real de Castela por un trámite do preito sobre os bens da Casa de Ulloa.

Vicerrei de Nova España Gaspar de Zúñiga foi nomeado polo rei Filipe II o 28 de maio de 1595 vicerrei, gobernador e capitán xeneral da Nova España e presidente da Real Audiencia de México. Foi o noveno vicerrei da Nova España, que gobernou do 1595 ata 1603. O permiso de saída foi asinado por Filipe II en Madrid o 27 de xuño de 1595 e o expediente de información e licenza de pasaxeiro a Indias, pasando con 70 criados, deles doce casados con esposas e fillos, e 58 solteiros, pódese consultar no Arquivo de Indias. Chegou a Veracruz a mediados de setembro na frota do xeneral Luís Fajardo; entrevistouse en Acolmán un día co seu antecesor, Luís de Velasco e Castilla, marqués de Salinas, e o 5 de novembro de 1595 fixo a súa entrada oficial na capital mexicanaRivera Cambas, 1872, páx. 71.

Zúñiga decidiu ao comezar o seu goberno, para conseguir un aumento das rendas da coroa, poboar a provincia de Novo México. Estudou o tratado celebrado entre o seu predecesor e Francisco de Oñate, corrixiuno e nomeou a Vicente Saldivar para a súa execución. As compañías recrutadas amotináronse en Taxco, a 200 leguas da Cidade de México. O vicerrei puxo a expedición ao mando do capitán Lope de Ulloa para castigar aos rebeldes e obrigar ás tropas para continuar coa expedición. Novo México foi ocupado sen que os indíxenas fixesen resistenciaRivera Cambas, 1872, páx. 73. A expedición fundou a cidade de Santa Fe e chegou nas súas exploracións ata a actual Nebraska, pero non atopou as famosas sete cidades de ouro nas provincias de Cíbola e Quivira.

Os piratas, ao mando de Guillermo Paro, sorprenden Campeche en 1597 sementando o terror. Despois dunha forte resistencia son vencidos polos veciños e o seu xefe gravemente ferido e logo axustizado. O vicerrei conde de Monterrei ordenou a protección dos portos e o traslado da poboación de Veracruz ao lugar onde hoxe atópase, fronte ao castelo de San Juan de Ulúa, e en 1600 comezouse coa construción da cidadeRivera Cambas, 1872, páxs. 79-80.

Durante o seu goberno en México puxo moito empeño en que os indios que vivían esparexidos polos montes fosen reunidos en poboados, pero conservando para aqueles os seus dereitos nas súas terras, así mesmo dispuxo que os indios fosen libres para o servizo dos campos e as minas para evitar que fosen enganados e explotados polos mineiros e polos ricos propietariosRivera Cambas, 1872, páxs. 82-83. En 1601 levantáronse os indios da Serra de Topia debido ao cruel traballo que levaban nas minas. O bispo de Guadalaxara, Ildefonso de la Mota, fundou varias misións de xesuítas, logrando tranquilizar aos indios.

O rei Filipe III nomeouno o 19 de maio de 1603 vicerrei, gobernador e capitán xeneral de Nova Castela (Perú) así como presidente da Real Audiencia de LimaHanke, páx. 81. Agardou en México á chegada do seu sucesor, Juan de Mendoza e Luna, marqués de Montesclaros, quen veu acompañado pola súa esposa e a quen o 4 de outubro de 1603 recibiunos en Otumba con gran pompa, dando unha hospedaxe e festas suntuosas que duraron oito días, á súa costa, logo seguiu rumbo a Acapulco acompañado por unha gran cantidade de indios chorando pola súa partida. Unha demostración como esta de agarimo e recoñecemento sentida polos indios non se fixo con ningún dos seus antecesores e tampouco se fixo cos seus sucesores. Foi un vicerrei, din os cronistas, adornado de grandes virtudes e recoñecido polos indios como o seu «benfeitor e pai»Alaman, páx. 20..

Exploracións Entre os seus primeiros actos como vicerrei estivo a organización dunha expedición por terra para explorar e colonizar o norte do Novo Reino de León e Castela (actual Novo México), seguindo a política do seu antecesor, o vicerrei Velasco. A famosa expedición, ao mando de Juan de Oñate, atrasouse por idea de Velasco para revisar o acordo. Oñate converteríase en gobernador da provincia e fundaría a antiga cidade de Santa Fe. A procura oficial de Oñate non localizou as lendarias Sete Cidades de Ouro que se pensaba estarían nas provincias de Cíbola e Quivira.

Tamén enviou dúas expedicións para explorar a costa do Pacífico dende México. Dispuxo en 1596 enviar unha expedición para explorar e colonizar California, de onde chegaban noticias de existir ricos criadeiros de perlasGarcía Purón, páx. 77. Nomeou xefe da expedición ao almirante Sebastián Vizcaíno. A expedición composta de tres navíos saíu de Acapulco e descubriu todo o litoral de California. Fundou o porto da Paz, chamado así pola súa amigable recepción por parte dos indíxenas. Tamén descubriu o cabo San Sebastián.

Unha expedición posterior de Vizcaíno coa mesma misión partiu o 5 de maio de 1602 con catro barcos. Esa expedición foi máis frutífera. Fúndase Ensenada (Baixa California). Explorouse a baía de San Diego e déuselle nome á Illa Catalina. Os exploradores chegaron tan ao norte (ata a baía de Monterey, Alta California), que Vizcaíno nomeou en honra ao vicerrei. Os plans posteriores para colonizar a Alta California fracasaron xa que o sucesor de Zúñiga, Juan de Mendoza, terceiro marqués de Montesclaros, era menos favorable a eses intentos de colonizaciónhttp://www.sandiegohistory.org/journal/78winter/plans.htm PLANS FOR THE OCCUPATION OF UPPER CALIFORNIA A NEW LOOK AT THE "DARK AGE" FROM 1602 TO 1769, The Journal of San Diego History SAN DIEGO HISTORICAL SOCIETY QUARTERLY, Winter 1978, Volume 24, Number 1.. Será o pai xesuíta Juan María Salvatierra quen fundará a cidade de Loreto na costa oriental da Baixa California.

Tamén se fundou a capital do actual estado de Nuevo León, á que se lle deu o nome de Monterrey na honra do vicerreiSerrano, páx. 94..

Vicerrei do Perú O conde de Monterrei, foi o décimo vicerrei do Perú, que gobernou do 1604 ao 1606. A súa despedida de México foi moi suntuosa e espléndida, embarcouse en Acapulco o primeiro de abril de 1604 estando delicado de saúde, arribou a Paita o 24 de maio e por diversas causas, enfermidade e mal tempo viuse obrigado a proseguir a viaxe por terra, con todo o fatigoso das xornadas. O 14 de xullo saíu en dirección a Lima, en agosto pasaba por Lambayeque e en outubro saía de Trujillo. En novembro pasou uns días en Huaura e, finalmente, despois de entrevistarse co seu antecesor, novamente Luís de Velasco e Castela, Marqués de Salinas, fixo a súa entrada oficial en Lima o 8 de decembro de 1604Vargas Ugarte, 1998, páxs. 47-49.

O cabido de Lima fixo postergar as festas, que de costume se celebraban coa chegada do novo vicerrei, por ter que realizarse un auto de fe o 13 de marzo de 1605 (reos de pouca consideración, que non foron queimados). As festas en honra do conde de Monterrei celebráronse con corrida de touros e xogo de canas o 15 de abril e os estudantes do colexio de San Pablo déronlle recibimento o 29 de xullo do mesmo ano. ​O vicerrei conde de Monterrei impuxo en 1604 o imposto de pesas e medidas para financiamento do Cabido. O 25 de novembro de 1604 fortes tremores de terra causaron na provincia de Arequipa graves danos. Coñecendo o conde de Monterrei a emigración de indios, que por temor fuxiron dos seus poboados como consecuencia dos grandes estragos e repetidos tremores que causou a erupción do volcán Huaynaputina en 1600 na provincia de Arequipa, comisionou ao licenciado Juan Antonio de Rivero e Alderete para que dera un informe sobre os danos ocorridos e para que consiga buscar os prófugos, facer que regresaran coas súas familias e traballasen na reconstrución dos seus pobosMendiburu, páx. 384.. ​

O conde de Monterrei ao ter coñecemento, enviou unha nave á illa de Galápagos para rescatar a dez naufragados, que permaneceran alí dous anos de penurias. A nave trouxo aos rescatados en novembro de 1605 a Lima. ​Mandou crear o Tribunal de Contas cos foros e preeminencias da Contadoría Maior de Castela. O Tribunal quedou organizado en febreiro de 1607. Erixiuse o bispado de Santa Cruz de la Sierra en 1605. Fundáronse en Lima os mosteiros da recolecta de Belén, de relixiosos mercedarios, da recolección de Santa María Magdalena, de relixiosos dominicanos e o colexio de San Ildefonso, da orde de San AgustínLavalle, pág. 65..

A súa obra colonizadora estaba a favor da fundación de vilas. Fundouse o 29 de setembro de 1606 a vila de San Miguel de Ibarra no Ecuador. Esta vila debía de servir de ligazón entre Quito e Pasto, así como entre Quito e a provincia de Esmeralda. San Felipe de Austria de Oruro en Bolivia fundouse o primeiro de novembro de 1606. A vila situada no centro mineiro creceu rapidamente.