1 Mile North é un dúo de música electrónica de Nova York formado polo guitarrista Jon Hills e o teclista Mark Bajuk. O grupo leva editados catro álbums de estudio e un LP compartido con Colophon e The Wind-Up Bird, ademais de varas gravacións caseiras e ao vivo. O seu último traballo ata a data, Tombs and Cocoons, foi publicado o 20 de febreiro de 2020.

A música da banda apareceu no documental de Steven Okazaki nomeado a un Óscar The Conscience of Nhem En, ademais de aparecer tamén en White Light/Black Rain: The Destruction of Hiroshima and Nagasaki do mesmo autor. A súa música tamén está na banda sonora do documental de 2013 Facing Fear, dirixido por Jason Cohen e nomeado a un Óscar en 2014.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Glass Wars 2001 Old Colony Recording Minor Shadows 2003 Ba Da Bing! Records Awakened by Decay 2016 Wortcunner Tombs & Cocoons 2020 Wortcunner

Compartidos Convection. Conduction. Radiation. - 2004 (Music Fellowship) con Colophon e The Wind-Up Bird

Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais de ambient Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York