Santaia de Arca é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Ten unha superficie de 15,85 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 1.275 habitantes (632 homes e 643 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

Etimoloxía miniatura|Toponimia e microtoponimia de parte de Arca e Pereira Segundo Mateo Sanz, o topónimo Arca ven do termo prerromano arka, que pode significar lugar que une ou lugar que está xunto a outro. Isto pódese explicar sinalando que o lugar da Igrexa (Santaia de Arca), sería un espazo que uniría as costas que van cara ao Monte de Arca (O Pedrouzo) cos vales dos regos do Burgo e de Xeimar, é dicir, un espazo intermedio entre eles.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santaia, baixo a advocación de Baia de Mérida, foi matriz da de San Vicenzo do Pino, estando o seu cura a mediados do século XIX baixo o padroado da familia compostelá dos Peña.

Cultura Desta parroquia era a nai do pintor e escritor Luís Seoane, María López Mosquera, quen herdou nesta parroquia unhas terras onde co seu marido construíu unha casa onde residirían varios anos antes de se trasladar a Santiago de Compostela. Tras ser durante un tempo a casa do concello do Pino, hoxe en día é a oficina de Correos.

Lugares e parroquias Lugares de Arca

Parroquias do Pino

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pino

Categoría:Parroquias do Pino Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santaia