O renio é un elemento químico de número atómico 75 situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos que ten como símbolo Re.
É un metal de transición branco prateado, pesado, que se atopa raramente na natureza. O renio obtense como subproduto do tratamento de minerais de molibdeno. Foi o último elemento que se atopou na natureza. Emprégase principalmente formando parte en catalizadores.
Propiedades O renio é un metal branco prateado, brillante, e ten un dos puntos de fusión máis altos de todos os metais, só superado polo volframio. Ademais é un dos máis densos, só superado polo platino, o iridio e o osmio. Preséntase nun amplo rango de estados de oxidación: -1, +1, +2, +3, +4, +5, +6 e +7, sendo os máis comúns +7, +6, +4, +2 e -1.
Comercialízase en forma de po, e ademais en forma compacta, cunha maior densidade. Cando se quenta e se volve a arrefriar, resulta ser dúctil, polo que pode traballarse con el. As aliaxes de renio-molibdeno son supercondutoras a 10 K.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Renio