O Antonov An-10 Ukraina é un avión de transporte comercial de catro turbohélices de orixe soviética fabricado por Antonov entre 1952 e 1972. Só foron construídos 104 "Gordon An-12" exemplares deste aparello.
Produción e historia O Antonov An-10 produciuse simultaneamente cunha versión de carga, o Antonov An-12, do que se construíron máis de 1.200 exemplares. O aparello foi deseñado para poder operar en aeroportos non preparados.
Logo dun accidente debido á falta de manobrabilidade na engalaxe, retiráronselle as aletas estabilizadoras e o avión foi redeseñado como An-10A. A capacidade para o trasporte de pasaxeiros aumentou ata 110 prazas. O modelo foi retirado do servizo en 1972 tras un accidente que revelou unha debilidade na súa estrutura da base alar. Ao mesmo tempo o seu xemelgo, o An-12, que compartía un 90 % dos seus compoñentes co An-10, mostrouse moi robusto e aínda continúa en servizo en moitos países. Tras a retirada do Antonov An-10, o aparello foi substituído polo Ilyushin Il-18 e o Antonov An-24, e máis tarde polo Tupolev Tu-134.
Operadores 25px Unión Soviética Forza Aérea da Unión Soviética Aeroflot
Variantes Izdeliye U An-10 An-10A An-10AS An-10TS An-10KP
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Antonov
010 Categoría:Antonov Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1957